Centro Arqueolóxico do Barbanza
Aparencia
Centro Arqueolóxico do Barbanza | |
---|---|
Tipo | museo arqueolóxico, centro de interpretación e museographic collection |
Data de fundación | 2002 |
Localización | |
Enderezo | Castro de Neixón. Nine, s/n. Cespón |
En | Boiro |
País | Galicia |
42°39′59″N 8°50′36″O / 42.666415, -8.843448 | |
Na rede | |
http://www.centroarqueoloxicodobarbanza.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Barbanza.
O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.
No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |