Ramon d'Abadal i Calderó
(1917) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de xaneiro de 1862 Vic, España |
| Morte | 17 de novembro de 1945 Rupià, España |
| 30 de novembro de 1932 – 20 de febreiro de 1939 Circunscrición electoral: Xirona | |
| 14 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Barcelona (capital) | |
| 1906 – 1918 | |
| Presidente Acadèmia de Jurisprudència i Legislació de Catalunya | |
| 1903 – 1905 ← Juan de Dios Trías – Josep Pella i Forgas (en) | |
| 29 de abril de 1899 – 24 de abril de 1901 ← Josep Soler i Aloy – Ferran Huelín i Serra → | |
| | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid Barcelona |
| Ocupación | político, avogado, ensaísta |
| Partido político | Lliga Regionalista Solidaritat Catalana |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | Joaquín Abadal Calderó Joan d'Abadal i Calderó |
Ramon d'Abadal i Calderó, nado en Vic o 7 de xaneiro de 1862 e finado en Rupià en novembro de 1945, foi un político catalán[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito en Barcelona, foi dirixente da Lliga Regionalista dende a súa fundación en 1901, foi presidente do Ateneu de Barcelona (1902) e da Acadèmia de Jurisprudència i Legislació de Catalunya, alcalde de Barcelona (1903 e 1911). Foi tamén senador por Barcelona (1907-1918).
En 1917 foi presidente da Asemblea de Parlamentarios que se reuniron en Barcelona. Presidente da Lliga Regionalista dende 1917 ata 1936. Decano do colexio de Avogados de Barcelona, en 1926 o goberno de Miguel Primo de Rivera destitúeo, mándao a prisión e acaba no desterro en Alcalà de Xivert (Castelló).
Durante a República foi deputado nas Cortes e no Parlamento de Cataluña. En 1936 exiliouse en Italia e deu o seu apoio á sublevación contra da República.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Abadal i Calderó, Ramón d'". Diciopedia do século 21 I. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 18.