Bertie Auld
Robert Auld | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Robert Auld | ||
Nacemento | 23 de marzo de 1938 | ||
Lugar de nacemento | Glasgow | ||
Falecemento | 14 de novembro de 2021 | ||
Lugar de falecemento | Glasgow | ||
Altura | 1.67 metros | ||
Posición | Mediocentro | ||
Información de club | |||
Club actual | Retirado | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Robert Auld, nado en Maryhill o 23 de marzo de 1938 e finado o 14 de novembro de 2021, foi un xogador de fútbol escocés, que xogaba de centrocampista. Popularmente coñecido coma Ten Thirty por xogar co número dez e estar preto dos trinta cando quedou campión europeo. Destacou no Celtic no que formou parte daquel equipo dos Lisbon Lions que acadara o éxito de saír gañador da Copa de Europa no 1967. Tamén foi adestrador.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chegou ó Celtic do Maryhill Harp o 2 de abril do 1955 debutando prós verdibrancos dous anos despois fronte ó Rangers. No 1961 foi probar sorte ó Birmingham City onde ficou deica 1965, ano no que volta a Celtic Park para vivi-la súa etapa máis sobresaínte coma futboleiro que remataría en 1971 cando marcha rumbo ó Hibernian cara onde chega coma axente libre. Nesa segunda época en Celtic Park é na que xoga a maior parte dos 279 partidos co conxunto católico e na que consegue tamén a maior parte dos seus 85 tantos.
Coa Selección de fútbol de Escocia non foi moi afortunado ó tan só ter xogado 3 encontros coma internacional nos que non achou o gol na portaría rival. O máis salientable nas súas aparicións co conxunto nacional foi o cartón vermello que recibiu nun amigable contra os Países Baixos que rematou cun 1-2 no 1959.
Na súa etapa de adestrador dirixiu dobremente ó Partick Thistle e nunha estadía ó Hibernian e ó Dumbarton F.C..
- Futbolistas de Escocia
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Celtic FC
- Nados en Escocia
- Nados en 1938
- Finados en 2021
- Xogadores do Birmingham City FC
- Xogadores do Hibernian FC
- Xogadores da selección de fútbol de Escocia
- Adestradores de fútbol de Escocia
- Adestradores do Partick Thistle FC
- Adestradores do Hibernian FC
- Adestradores do Dumbarton FC
- Xogadores do Dumbarton FC
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA