Catarina de Borbón
Nome orixinal | (fr) Catherine de Bourbon |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de febreiro de 1559 París, Francia |
Morte | 13 de febreiro de 1604 (45 anos) Palacio dos duques de Lorena, Francia |
Rexente | |
Datos persoais | |
Relixión | Calvinismo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata, escritora |
Outro | |
Título | Princesa Duquesa |
Familia | Casa de Borbón en Francia e Dinastía Borbón |
Cónxuxe | Henrique II de Lorena (1599–) |
Pais | Antón de Borbón e Xoana III de Navarra |
Irmáns | Henrique IV de Francia |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dictionary of Women Worldwide |
Catarina de Borbón (en francés: Catherine de Bourbon), nada o 7 de febreiro de 1559 e finada o 13 de febreiro de 1604, por veces chamada de Catarina de Navarra, era filla da raíña Xoana III e do rei Antón de Navarra. Gobernou o Viscondado de Béarn en nome do seu irmán, o rei Henrique IV (III de Navarra), de 1576 a 1596.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Catarina naceu o 7 de febreiro de 1559, sendo filla de Xoana de Albret, raíña de Navarra e do seu consorte e co-governate, Antón de Borbón. Foi bautizada en homenaxe á súa madriña, a raíña francesa Catarina de Medici.
Xoana convertérase ó calvinismo un ano despois do nacemento de Catarina, declarándoa como relixión oficial do Reino de Navarra. Antón, pola súa banda, permaneceu católico volvéndose contra a muller e ameazando con divorciarse. Morreu loitando pola fe católica en 17 de novembro de 1562. Catarina ficou coa nai e co irmán máis vello, Henrique, unha vez que tamén abrazaran a causa protestante. A raíña morreu o 9 de xuño de 1572, e a custodia de Catarina foi confiada Catarina de Medici e Carlos IX. Durante o masacre da noite de San Bartolomeu, Catarina e o seu irmán foron forzados a convertérense ó catolicismo.
Varios proxectos de casamento foron proxectados e, trala morte de Carlos IX en 1574, o novo rei, Henrique III, pensou en casar con Catarina. Posteriormente, case chega a casar con Xacobe VI de Escocia.
Estadista
[editar | editar a fonte]O irmán de Catarina, que sucedeu á nai, a raíña Xoana III, permanecía ausente en Francia. Trala súa fuga de catividade, en 1576, confiou a Catarina o goberno do Bearne, rexión da que ela foi rexente até 1596. Entre outras responsabilidades, ela, unha protestante convicta, acolleu Antonio Pérez, famoso refuxiado católico español fuxido polo rei Filipe II.
Tralo ascenso do seu irmán ó trono francés, en 1589, foi nomeada Duquesa de Albret e Condesa de Armagnac. En 1589 foi aínda nomeada polo irmán para o Consello de Estado como representante dos intereses protestantes, persuadindo os hugonotes a concordaren co edito de Nantes.
Casamento
[editar | editar a fonte]Como parte do Tratado de Saint-Germain-en-Laye, entre o rei Henrique IV e o duque da Lorena Carlos III, quedou acordado que Catarina casase co fillo máis vello de Carlos, Henrique (1563–1624). O acordo de casamento foi asinado en 13 de xullo de 1598. Porén, Catarina era unha firme calvinista, rexeitando converterse ó catolicismo, mentres que o seu marido era un católico devoto, e un antigo membro da Santa Liga.
Así, o Papa tivo que emitir unha dispensa para autorizar o casamento. Porén, o 29 de decembro de 1598, Clemente VIII declarou a súa oposición ó casamento. Descontento, Henrique IV intimidou o Arcebispo de Reims para que este emitise a autorización de casamento, o que este acabou por emitir a autorización en Saint-Germain-en-Laye o 31 de xaneiro de 1599. Por fin, Henrique obtivo o consentimento papal. Até ao nacemento do seu sobriño, o 27 de setembro de 1601, ela era herdeira presuntiva á coroa de Navarra. Porén, Catarina casara pouco antes da súa morte, sen descendencia. O seu marido volvería a casar con Margarida Gonzaga, unha sobriña de María de Medici (sogra de Henrique IV).
Obras literarias
[editar | editar a fonte]Catarina de Borbón era tamén escritora. Os seus traballos consistían principalmente en sonetos e na súa interesante correspondencia.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ An Encyclopedia of Continental Women Writers. 1991. ISBN 978-0-8240-8547-6.
- ↑ "Catherine de Bourbon (1558-1604)"., janeiro de 2015