Matanza do día de San Bartolomeu
Matanza do día de San Bartolomeu | |
---|---|
![]() Matanza do día de San Bartolomé, de François Dubois | |
Tipo | masacre e xenocidio ![]() |
Parte de | Guerras Francesas da Relixión ![]() |
Data | |
Data | 24 de agosto de 1572 (Gregoriano) ![]() |
Comezo | 23 de agosto de 1572 ![]() |
Remate | 5 de outubro de 1572 ![]() |
Implicados | |
Vítima | François de Caumont, Seigneur de Castelnau (en) ![]() ![]() |
No implicados | |
No mortes | 30.000 e 10.000 ![]() |
Localización | |
Localización | París, Orleáns, Saumur, Angers, Bourges, Lión, Bordeos, Troyes, Tolosa, Ruán, Valence e Orange ![]() |
Coordenadas | 48°51′24″N 2°21′08″L / 48.8567, 2.3522 |
País | Reino de Francia ![]() |
Contacto | |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
A matanza do día de San Bartolomeu foi un episodio sanguento na represión dos protestantes na Francia polos reis franceses, católicos. As matanzas, organizadas pola casa real francesa, comezaron o 24 de agosto de 1572 e duraron varios meses, inicialmente en París e despois noutras cidades francesas, morrendo entre 70.000 e 100.000 protestantes franceses (chamados hugonotes).
Este masacre veu dous anos despois do tratado de paz de Saint-Germain, polo cal Catarina de Médici tiña ofrecido treguas aos protestantes.
En 1572, catro incidentes interrelacionados teñen lugar após o casamento real de Margarida de Valois (a irmá do rei de Francia) con Henrique de Navarra, unha alianza que supostamente debería acalmar as hostilidades entre protestantes e católicos e fortalecer as aspiracións de Henrique ao trono. En 22 de agosto, un axente de Catarina de Médici (a nai do rei de Francia de entón, Carlos IX de Francia, o cal tiña apenas 22 anos e non tiña verdadeiramente o control), un católico chamado Maurevert, tentou asasinar ao almirante Gaspard de Coligny, líder hugonote de París, o que enfureceu aos protestantes, a pesar de quedar el apenas ferido.
Nas primeiras horas da madrugada de 24 de agosto, o día de San Bertomeu, decenas de líderes hugonotes foron asasinados en París, nunha serie coordenada de ataques planeados pola familia real.
Este fora o sinal inicial para un masacre máis grande. Comezando o 24 de agosto e durando até outubro, houbo unha onda organizada de asasinatos de hugonotes en cidades coma Tolosa, Bordeos, Lión, Bourges, Ruán, e Orleáns.
Relatos da altura dan conta de cadáveres nos ríos durante meses, de modo que ninguén comía peixe.
Non foi o primeiro nin o último ataque masivo aos protestantes franceses. Outros programas se seguirían.
Os eventos en ficción
[editar | editar a fonte]A historia foi relatada por Alexandre Dumas na súa obra La Reine Margot, un romance de 1845, historicamente acurado, a pesar de Dumas ter inserido romantismo e aventuras no seu texto. O romance de Dumas foi adaptado ao cinema en 1994, en La Reine Margot ("A Raíña Margot"), de Patrice Chéreau, que obteu grande acollida do público.
A matanza xa fora representada no cinema por D.W. Griffith no filme mudo Intolerance ("Intolerancia"), de 1916.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Matanza do día de San Bartolomeu |