Castro de Xaz
Castro de Xaz | |
---|---|
Parroquia | Dorneda |
Concello | Oleiros |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15058009 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Xaz, tamén chamado castro de Abeleiras ou Os Redondos, é un castro situado na parroquia de Dorneda, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado de forma ovalada. As súas dimensións son duns 150 metros no eixo norte-sur e uns 100 metros no eixo este-oeste.
Está defendido por un complexo sistema de noiros e foxos concéntricos, situados sobre todo na parte sur e oeste. Pola parte sur presenta unha sucesión de tres parapetos e dous foxos intercalados entre eles. Na parte oeste existen tres parapetos e dous foxos intercalados
Conservación
[editar | editar a fonte]Polas bandas norte e oeste do asentamento as recentes obras de construción de vivendas afectaron severamente ó parapeto exterior e ó foxo. Neste sector as defensas que se conservan limítanse ó paramento exterior.
Na actualidade a vexetación cobre gran parte dos restos.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.