Castro de Pereirales
Aparencia
Castro de Pereirales | |
---|---|
Parroquia | Rodeiro |
Concello | Oza-Cesuras |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15063007 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Extensión estimada | 1,3 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O castro de Pereirales ou castro de Belén, é un castro de chaira fortificado situado en Rodeiro, Oza-Cesuras.
Características
[editar | editar a fonte]Tiña forma ovalada. Duns 150 metros de leste a oeste e uns 300 metros de norte a sur. A zona está protexida e rexistrada por patrimonio. O castro está dividido por peches de leiras con plantacións de eucaliptos, prados e un pendello para a cría de gando. A parte ocupada por eucaliptos foi achairada para facer a plantación. Nos prados vese unha elevación do terreo onde deberían estar as defensas do castro. Só quedan uns 20 metros de muralla.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |