Casa señorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa. Os pazos son o mellor exemplo de casa señorial galega.
Ightham Mote, un pazo inglés (manor house) con foso do século XV en Kent, sur de Inglaterra.

Unha casa señorial ou señoril é a casa na que residiu o tronco, cabeza, xefe ou primeira persoa notábel que deu nome, renome, estados, títulos de honra, etc. a unha familia, como un fundador, un personaxe insigne en política, en armas, letras, etc. O exemplo máis claro en Galiza é o pazo, casa grande, antiga e nobre, especialmente a situada no medio rural[1] Soen ser da época moderna, aínda que nas máis das veces, cunha orixe medieval (fortaleza ou torre da nobreza galega). Na maioría das rexións europeas onde houbo feudalismo existen castelos, palacios e casas señoriais ou mansións. No caso de Galicia, na gran parte de Francia ou na Gran Bretaña, no que o repartimento da poboación é de orixe xermánica, con moitas aldeas ou núcleos de poboación espallados por todo o espazo e unha organización territorial en parroquias e concellos, soen aparecer un tipo de casa señorial rural denominada pazo no caso de Galicia (paço no Norte de Portugal), château en Francia e manor house na Gran Bretaña.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Aínda que non se construían tan rexas coma os castelos, moitas casas señoriais estaban fortificadas contra posíbeis ladróns e inimigos, antes de que existise a policía coma sistema defensivo. Normalmente constaban cun recinto amurallado con fosos, e moitas veces pontes levadizas, e no interior situábase o pazo, e outros edificios agrícolas: alpendres, celeiros, etc… Os pazos soen ter tamén garitas e torres de vixilancia, aínda que a diferenza dos castelos, non posúen unha torre da homenaxe, grandes torres ou muros elevados deseñados para resistir un asedio. A característica principal do pazo ou mansión era o gran salón, ao que se foron engadindo novas dependencias auxiliares a medida que a guerra feudal permitiu unha vida doméstica máis pacífica. A comezos do século XVI as casas señoriais medievais europeas e pequenos castelos comezan a adquirir o carácter de residencias de campo da nobreza (pazos no caso de Galicia, châteaux no caso de Francia e mansións renacentistas de estilo isabelino e xacobino en Inglaterra) polo que moitos dos elementos defensivos desapareceron.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Galicia e Norte de Portugal[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pazo.

O pazo é o tipo de casa señorial, grande e antiga, e as máis das veces situada no medio rural, típica de Galicia e do Norte de Portugal (en portugués: paço)[1]. A maior parte deles foron contruídos na Idade Moderna, aínda que a maioría deles posúen unha orixe medieval, sendo logo adaptacións para vivenda de fortalezas ou torres da nobreza medieval do antigo Reino de Galicia. Posúen rexos muros de granito, escudos da familia e moitas veces torres ameadas. Tamén salientas polos seus xardíns. O seu emprazamento e función é moi semellante ao das manor houses británicas. Os pazos galegos salientan pola sobriedade arquitectónica, a medio camiño entre a arquitectura popular e a culta. Teñen uns excelentes muros de fábrica de granito cunha cantaría moi coidada e as máis das veces están fortificados (garitas, torres, ameas...). Os vans adoitan ser, coma na construción vernácula galega, pequenos. Soen ter na fachada principal o brasón da familia, algún elemento decorativo e unha gran cheminea. Adoitan ter dous andares, a planta terrea, o sobrado, e no caso de ter torre poden posuír algún andar máis. O soar é unha gran quinta con viñedos e coidados xardíns. Respecto do nome, soen coñecerse como pazo, casa, casa grande, quinta (referido á gran propiedade que posúen), palacio (poucas veces, máis ben usado en galego só no caso de realeza ou grandes pazos urbanos), castelo (pouco usado, normalmente cando houbo un verdadeiro castelo no lugar onde se empraza o actual pazo) e torre ou torres (nalgúns dos casos cando a orixe é unha torre medieval). Moitos deles foron convertidos dende finais do século XX en adegas e hoteis rurais.

Cómpre lembrar que ademais dos pazos rurais, nas vilas e cidades galegas atopamos pazos, palacios e casas señorais urbanas.

No Norte de Portugal, ocorre o mesmo; moitos teñen tamén a orixe na Galiza medieval (da que o Norte de Portugal formaba parte), xa en época portuguesa constrúense moitos paços entres os séculos XVII e XX pola aristocracia lusa como residencias de campo. Tamén se coñecen co nome de solares (quintas, cando inclúe unha boa propiedade) e soen ter un estilo barroco, moitas veces máis recargado que os sobrios pazos galegos, con pináculos e abundante ornamentación. Son comúns nas provincias de Beira, Minho, e Trás-os-Montes. Moitos deles foron convertidos en hotei rurais chamados pousadas. Algunhas quintas, paços e solares coñecidos no Norte de Portugal son:

Illas Británicas[editar | editar a fonte]

Unha manor house (literalmente en galego: casa señorial) sería o equivalente inglés do pazo galego, unha gran casa señorial no campo, que historicamente foi residencia do señor da casa, pasando de pais a fillos, unidade básica dunha organización territorial dentro do sistema feudal europeo. Formaba o centro administrativo dun feudo e dentro do seu gran salón se realizaron cortes señoriais, xantares comunais do Señor e grandes banquetes. Remóntanse á época baixomedieval, e a miúdo están fortificadas (normalmente son máis elementos decorativos que verdadeiramente defensivos). As primeiras casas señorais medievais construíanse segundo os padróns da arquitectura popular, aínda que con mellores acabados, como no caso da maior parte dos pazos galegos. Durante a segunda parte do reinado da raíña Isabela I (1558-1603) e durante o reinado do seu sucesor o rei Xácome I (1603-1625) apareceron as primeiras mansións deseñadas por arquitectos de renome e non meros masóns ou construtores. Burghley House, Longleat House, e Hatfield House son bos e coñecidos exemplos de casas señorais dese período.

Respecto do nome, as máis das veces chámanlle manor (pazo), outras house, hall, court, palace (palacio, pouco usado, agás que sexan da realeza), place (cognado de palacio, como o caso de pazo/paço en galego/portugués), park (referido á gran propiedade, incluso con bosques para a caza de cervos) tower (ou towers, torres, pouco usado, cando houbo unha torre medieval) e castle (castelo, pouco usado se non é un verdadeiro castelo).

Illas do Canal[editar | editar a fonte]

Irlanda[editar | editar a fonte]

Irlanda do Norte[editar | editar a fonte]

Escocia[editar | editar a fonte]

Castelo de Muchalls, un pazo do século XVII en Aberdeenshire, Escocia

Gales[editar | editar a fonte]

Francia e Bélxica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Château.
Château Cheval-Blanc, en Saint-Émilion (Bordeos).

Un château (en plural châteaux) é unha casa señorial ou residencia do señor, unha casa de campo da nobreza, con ou sen fortificacións, orixinalmente —e aínda máis frecuentemente— en rexións francófonas. Cando se necesita unha clarificación, un château fortificado (isto é, un castelo) se lle chama un château fort, no resto dos casos refírese a un pazo francés. O equivalente urbano dun château (pazo) é un palais (palacio), que en Francia se aplica só a grandes casas nunha vila ou cidade.

País Vasco e Cantabria[editar | editar a fonte]

Algunhas casas conservan durante séculos a memoria do soar orixinario dunha familia (fidalguía ou nobreza) típico en lugares como Biscaia e as montañas de Santander, sendo sabido que a biscaíña e foros de fidalguía seguían aos oriúndos de ditos países a todas partes probando dita procedencia, ou sexa o soar do que procedían.

Alemaña[editar | editar a fonte]

O equivalente alemán do pazo é unha Gutshaus (ou Gut, Gutshof, Rittergut, Landgut ou Bauerngut). Tamén son termos comúns Herrenhaus e mais Domäne. Schloss (pl. Schlösser) é outra verba alemá para un tipo de edificio semellante a unha casa señorial, casa grande, château ou pazo. Outros termos usados en alemán son Burg (Castelo), Festung (forte/fortaleza) e Palais/Palast (palacio).

Polonia[editar | editar a fonte]

A equivalente arquitectónica do pazo en Polonia (dwór) xorde contra finais do período da renacenza e continua até a Segunda Guerra Mundial, coincidindo co establecemento do comunismo no país, e coa conseguinte desaparición da nobreza polonesa (szlachta). Un decreto de 1944 nacionalizou a meirande parte das mansións propiedade dos nobres, algunha adaptáronse a outros usos. Moitas delas foron arruinándose aos poucos co paso das décadas.

Rusia[editar | editar a fonte]

Países Bálticos[editar | editar a fonte]

Tamén existen pazos en Estonia e Letonia, de morfoloxía algo diferente, tiñan unha función semellante.

Países Baixos[editar | editar a fonte]

Pazo de Warmond (Huis te Warmond)

Hai moitos pazos históricos por todos os Países Baixos.[3] Algúns deles foron convertidos en museos, hoteis, etc. Algúns localízanse no campo e en grandes parques. A súa orixe tamén é propia dun sistema feudal (heerlijkheid). Chámanse de vroonhof ou vroenhoeve, verba derivada do protoxermano fraujaz, que significa "señor". Tamén se coñecían coma hof ou hofstede, landhuis (ou só huis), ridderhofstad (Utrecht), stins ou state (Friesland), ou havezate (Drente, Overijssel e Gelderland). Algúns destes edificios estaban fortificados. Os asociados á nobreza atópanse no campo e coñécense co nome neerlandés de kasteel, slot, burcht ou (en Groningen): borg. Algúns exemplos son:

Fóra de Europa[editar | editar a fonte]

Tamén atopamos casas señorais semellantes aos pazos galegos nos países nórdicos (Suecia, Noruega e Dinamarca principalmente, e a partir da emigración tamén aparecen nas Américas (Brasil, Canadá, EUA) e Nova Zelandia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definición en Portal das Palabras da RAG.[Ligazón morta]
  2. "European Heritage Open days – Armagh". Consultado o 16 de agosto de 2010. [Ligazón morta]
  3. The information in this section has been drawn from various unreferenced articles found in the Dutch version of Wikipedia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]