Saltar ao contido

Ratharsair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Raasay»)
Modelo:Xeografía políticaRatharsair
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°24′00″N 6°02′00″O / 57.4, -6.0333333333333
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloHighland Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación161 Editar o valor en Wikidata (2,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie64 km² Editar o valor en Wikidata
Medición4,8 (ancho) × 23 (lonxitude) km
Bañado porThe Minch (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoDùn Caan (en) Traducir (443 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Raasay, ou Ratharsair en gaélico, é unha illa das Hébridas Interiores que se atopa entre a illa de Skye e a costa de Escocia. Está separada de Skye polo Sound of Raasay e da península de Applecross polo Inner Sound. A illa case deshabitada (1 habitante) de Rona atópase ao norte de Raasay e a illa de Scalpay fronte á súa costa noroeste.

O topónimo de Raasay/Ratharsair provén do nórdico antigo ross-oy e significa illa das cabriolas.

A illa ten 14 millas de longo de norte a sur e 3 millas de leste a oeste no seu punto máis ancho. O punto máis alto (uns 447 metros sobre o nivel do mar) é Dùn Caan, un outeiro estraño cunha cima plana. A aldea de Inverarish está situada na parte sueste da illa. Gran parte da vila foi utilizada durante a Primeira guerra mundial como campo de prisioneiros. Os presos tiveron que traballar na mina da illa, que quedou abandonada tras o fin do conflito.

Hoxe, os residentes viven da pesca, do transbordador ou desprázanse a Portree en Skye para traballar. Hai unha gardería, pero os alumnos maiores deben viaxar en autobús ou en transbordador a Portree.

A illa é, xeoloxicamente falando, moi interesante e por iso é visitada por moitos estudantes que colaboran en diversos proxectos cartográficos.

Os lugares de interese da illa son os restos dun broch, as ruínas do castelo de Brochel, inscricións en pedra da época celta, a antiga casa do señor feudal, a casa de Raasay e os camiños para os excursionistas da illa. Raasay é o fogar do rato de campo Raasay, unha especie que só é endémica desta illa. Ademais, tamén hai moitos tipos de plantas e unha gran poboación de lontras.

Un paseo en ferri de 15 minutos conecta a illa coa cidade de Sconser en Skye. En Inverarish hai un pequeno supermercado e unha oficina de correos. Pódese atopar aloxamento no hotel Isle of Raasay e no Raasay Outdoor Center ou no albergue .

Dado que nesta illa todo o mundo garda a tradición de festexar o domingo, neste día todos os servizos están pechados. Desde 2004, o transbordador tampouco circula os domingos.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución de Ratharsair entre 1780 e 2011

Raasay ten a menor porcentaxe de poboación infantil das illas habitadas de Escocia. A densidade de poboación de gaélicofalantes é relativamente alta (36% no censo de 2001 aínda que descendeu desde principios do século XX: nos censos de 1901 e 1921 máis do 75% dos habitantes eran gaélicofalantes).[1]

  1. Mac an Tàilleir, Iain (2004) 1901-2001 Gaelic in the Census Arquivado 07 de decembro de 2010 en Wayback Machine. Linguae Celticae. Acceso 4 de xuño de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]