Angeln

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa bilingüe de Angeln, en danés e alemán.
Mapa máis antigo de Angeln, do século XVI.

Angeln, tamén coñecido como Anglia (en alemán: Angeln, en dinamarqués: Angel, en latín: Anglia), é unha pequena península dentro da meirande península de Xutlandia, na rexión de Schleswig Meridional, que constitúe a parte norte do estado federal alemán de Schleswig-Holstein, na Baía de Kiel. Está separada da península veciña de Schwansen (en danés: Svans ou Svansø) polo grao de Schlei (Slien) , e da península danesa de Sundeved (en alemán: Sundewitt) e da illa de Als (Alsen) polo Fiordo de Flensburg (Flensburger Förde, Flensborg Fjord). A paisaxe ten moitos outeiros e numerosos lagos. O momento no que a antiga Angeln conformou estas fronteiras é descoñecido.

Angeln ten unha relevancia histórica que vai máis aló da súa actual área e do seu terreo rural, xa que se cre que puido ter sido o fogar dos anglos, un pobo xermánico que emigrou a Inglaterra. Esta migración provocou que a nova terra conquistada adoptase o seu nome, do cal deriva o actual "Inglaterra". Tanto o país como a lingua inglesa, derivan do nome dos anglos e de Angeln.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ecclesiastical History of the English Nation, Book I, Bede, c. 731
  • The Anglo-Saxon Chronicle: Translated and collated by Anne Savage, Dorset Press, 1983, ISBN 0-88029-061-7
  • Malcolm Falkus and John Gillingham, Historical Atlas of Britain, Crescent Books, 1987, ISBN 0-517-63382-5