Conversa:Casa da Navegación

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazón a un ficheiro pdf aloxado na páxina da Deputación de Pontevedra[editar a fonte]

Estimado HombreDHojalata,

Na última sección da páxina dedicada á Casa da Navegación de Baiona Casa da Navegación (ligazóns externas) aparece un ficheiro en pdf coa seguinte referencia: Inventario de materiais e inventario de pezas arqueolóxicas do proxecto, 2013, Deputación de Pontevedra (en castelán): http://pdf.depontevedra.es/ga/160/pDCFcyiGMV.pdf. Debido a que:

  1. incumpre as boas prácticas do sector museístico
  2. non é un documento público, e, polo tanto, filtrado sen ningún tipo de permiso institucional
  3. atenta contra a propiedade intelectual

Solicitamos a supresión do enlace, así como a súa comunicación; amais dos datos relativos ao ficheiro e a súa fonte correspondente. Alén destes factores, xera confusión ao usuario por carecer de oficialidade algunha.

Moitas grazas. --212.230.223.231 3 de decembro de 2016 ás 10:40 (UTC)[responder]

Ola, anónimo, benvido/a ao proxecto.
  1. Non entendo porqué "incumpre as boas prácticas do sector museístico". Que prácticas? poderías explicalo? En todo caso, Wikipedia en galego non incumpre práctica ningunha, porque non participa na redacción, nin aloxa o ficheiro nos seus servidores, nin reproduce o ficheiro… (nin pertence ao sector museístico).
  2. O ficheiro é público no sentido de que está feito público (publicado), pola deputación, na súa páxina web. Se consideras que hai algún motivo para que non o faga... terás que falar con eles.
  3. Se atenta contra a propiedade intelectual tes que lle reclamar ao redactor do documento, a quen o reproduce ou a quen o aloxa. Wikipedia en galego non reproduce parte ningunha do ficheiro.
  4. Na miña opinión, a ligazón debe quedar, porque leva a información relevante e de interese sobre o tema, proporcionada por un organismo público con competencias na materia.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 3 de decembro de 2016 ás 11:41 (UTC)[responder]

Grazas pola túa aportación. Se dis que foi publicado pola deputación, agradeceriache que indicaras de que páxina da súa web parte o ficheiro. Grazas de novo. --212.230.223.231

A páxina de aloxamento é a que figura na ruta do ficheiro: http://pdf.depontevedra.es --. HombreDHojalata.conversa 3 de decembro de 2016 ás 12:15 (UTC)[responder]

A pregunta é desde que ruta se accede a esa outra ruta. Grazas --212.230.223.231

Desde calquera navegador de internet (Google, Bing, Yahoo! ...) procurando información sobre a Casa da Navegación.
Por outra banda, como vexo que, sen acadar un consenso, teimas en retirar a ligazón, solicitei a protección da páxina aos administradores deste proxecto. --. HombreDHojalata.conversa 3 de decembro de 2016 ás 12:37 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Casa da Navegación. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 16:01 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Casa da Navegación. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de abril de 2019 ás 08:48 (UTC)[responder]