Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Marqués de Sargadelos")
Estatua do marqués situada ás portas do seu Pazo en Ribadeo.

Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés, nado en (Ferreirela de Baxo,[1]Santalla de Ozcos o 17 de outubro de 1749 e linchado o 2 de febreiro de 1809 en Ribadeo, foi un ilustrado e industrial asturiano. Creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza, polo cal foi nomeado tras a súa morte Marqués de Sargadelos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a Ribadeo no 1768, e ó ano seguinte xa era administrador da casa de Guimarán, por encargo do ribadense emigrado ó territorio do Perú Bernardo Rodríguez de Arango y Mon[2]. Impulsou a industrialización da zona, creando primeiro unha ferrería e logo toda unha industria en Sargadelos, na que chegou a fabricar armas e vaixelas finas. Igualmente, impulsou o comercio, que foi a base da súa fortuna persoal, tanto por mar como no interior da península, de liño e alcohol, e xestionou minas. Nos tempos da guerra da Independencia, os seus inimigos políticos e económicos conseguiron o seu linchamento en Dompiñor, Ribadeo, o 2 de febreiro do ano 1809, día no que tamén a turba entrou na súa casa en Ribadeo e saqueouna.[3]

As súas fábricas en Sargadelos continuaron funcionando ata o ano 1875, sendo poxadas no 1878.

O título de Marqués foille outorgado tras a súa morte, seguindo na familia ata a actualidade.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pangallaica.com (2008). "Santalla de Oscos: Tierra natal del Marqués de Sargadelos". Consultado o 28 de setembro 2008. Don Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, nació en la aldea de Ferreirela, donde aún quedan restos de su casa natal. 
  2. "Ribadeo en el fulgor y muerte de Antonio R. Ibáñez". 1 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  3. "Ribadeo en el fulgor y muerte de Antonio R. Ibáñez". Consultado o 1/08/2016.