Carpe
Carpe | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C. betulus nunha fraga | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Carpinus betulus L. |
O carpe europeo, tamén coñecido simplemente coma carpe[1] Carpinus betulus é un Carpinus nativo do oeste, centro e sur de Europa, estendéndose dende o oeste de Rusia e Ucraína. Require dun clima temperado para un bo crecemento, só medrando por riba dos 600 msnm. Crece mesturándose con carballos, e nalgunhas áreas con faias. É unha árbore común en bosques degradados. En Galiza non é común.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha arboriña miúda ou mediana que adoita acadar os 15–25 m, raramente 30 m, cun toro torto. A casca é grosa, averdada cinsenta, aínda que nos vellos (véxase na foto): aseméllase á da faia, mais ten a miúdo costelas. Os gomos, a diferenza dos Fagus, non teñen máis dun cm de lonxitude, e presionados cara ás ás. As follas son alternas, de 4–9 cm longo, con prominentes veas dando un engurrado distintivo, e marxes serrados; aseméllanse ás do umeiro mediterráneo (Ulmus minor), mais son simétricas (véxase na foto). As xemas son alternas e afusadas (véxase na foto), porén menos cás da faia. As flores aparecen en candeas aló polo mes de maio trala saída das follas. O froito é unha pequena e longa noz de 7–8 mm lonxitude, parcialmente envolta por trifoliolos, o invólucro de 3–4 cm lonxitude; madura polo outono. As sementes frecuentemente non xermolan até a primavera do segundo ano logo da sementeira. É un prolífico sementeiro e ten unha vizosa rexeneración natural.
A madeira é mesta e dura, empregada para trebellos e material de construción.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Gosta dos terreos sombrizos, e prefire moderada fertilidade do solo e de humidade. Ten un sistema radicular escaso en profundidade mais moi espallado superficialmente, e produce moitos fillos cando se talla baixo. Ten unha follaxe mesta.
Hai un número de notábeis bosques onde esta especie é a dominante:
- Epping Forest, Londres, Inglaterra
- Halltorps Reserva Natural, Oland, Suecia
Propiedades
[editar | editar a fonte]Principios activos: Tanino, sales, resina.[2]
Indicacións: Estíptico, adstrinxente, vulnerario, pectoral, expectorante, antitusivo. A auga destilada, preparada a partir das follas, úsanse coma colirio.[2]
Úsanse especialmente as follas e a casca. Apáñase en agosto. Decocción de casca(expectorante): 10-15 g. por cunca.
Outros usos: Ornamental. A madeira, branca e mesta, tense usado para a fabricación de pasta de papel, pezas de pianos, parqués, tacos de billar etc.[2]
- Carpinus carpinizza Kill.
- Carpinus caucasica Grossh.
- Carpinus compressus Gilib.
- Carpinus intermedia Wierzb. ex Rchb.
- Carpinus nervata Dulac
- Carpinus quercifolia Desf. ex Steud.
- Carpinus sepium Lam.
- Carpinus ulmifolia Salisb.
- Carpinus ulmifolia St.-Lag.
- Carpinus ulmoides Gray
- Carpinus vulgaris Mill.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar preferido en galego Termos Esenciais de Botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Carpinus betulus". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 23 de novembro de 2009.
- ↑ "Carpinus betulus L.". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-03-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carpe |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carpe |