Carlos Tomé Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1908 ![]() Vilalba, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Carlos Tomé Alonso, nado en Vilalba o 26 de maio de 1908, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Florencio_Delgado_Gurriar%C3%A1n_a_bordo_do_Ipanema_con_Roxelio_Rodr%C3%ADguez_de_Breta%C3%B1a%2C_Andr%C3%A9s_Val%C3%ADn%2C_Carlos_Tom%C3%A9%2C_Joh%C3%A1n_L%C3%B3pez_Dur%C3%A1%2C_Seraf%C3%ADn_Ferro_e_Elixio_Rodr%C3%ADguez.jpg/220px-thumbnail.jpg)
Emigrado a Cataluña, na Barcelona da guerra civil puxo en contacto a Suárez Picallo e Castelao con distintas organizacións nacionalistas catalás. Coa derrota da República pasou a Francia onde colaborou coa comisión formada en París de representantes da axuda arxentina ao refuxiados galegos da Central Gallega, do Comité Orensano leal e do Grupo Galeguista de Buenos Aires, formada por Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e Germán Vidal Barreiro, antes de ser internado no campo de concentración de Saint-Cyprien.[1] Posteriormente logrou exiliarse en México. Viaxou no Ipanema dende Francia. Chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939. En México formou parte dos impulsores da revista Saudade e posteriormente participou na creación de Vieiros. Implicouse na emisión radial “Hora de Galicia” animada polo Padroado da cultura galega de México.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Amadora Tomé Menéndez, coa que se exiliou en México.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pastoriza Rozas, Xosé L. (2022). Real Academia Galega, ed. "Nas primeiras ringleiras do galeguismo: Florencio na guerra cicil e no primeiro exilio en Francia". Boletín da Real Academia Galega (383): 141–156.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México
- Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
- Alexandre Calvo, campión ciclista en Galicia e líder galeguista en Barcelona Arquivado 09 de xullo de 2021 en Wayback Machine.