Cariofiláceas
Caryophyllaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Silene flos-cuculi | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Ver texto | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Caryophyllaceae é unha familia de herbas, máis raramente arbustos ou subarbustos. Os talos adoitan presentar nós engrosados que, ocasionalmente, teñen crecemento secundario anómalo. As follas son opostas (algunhas especies presentan follas alternas) simples, enteiras, usualmente son estreitas e acostuman estar conectadas por unha liña transversal na base. Poden ter ou non estípulas.
As flores preséntanse en cimas dicasiais, tamén solitarias. Adoitan ser regulares, hermafroditas, rara vez unisexuais, hipóxinas, ou, ás veces, períxinas. Poden ser pentámeras ou, máis raramente, tetrámeras.
Os sépalos atópanse libres ou case libres ou ben poden estar soldados formando un tubo cun anel nectarífero no interior.
Os pétalos poden estar presentes ou ausentes, con presentación de 5 a 10 estames en 1 ou 2 ciclos.
O xineceo consta de 2-5 carpelos, con estilos máis ou menos soldados.
Posúe ovario súpero, unilocular por arriba e máis ou menos dividido cara á base, que adoita presentar unha columna placentaria, xeralmente continua. Adoitan ter numerosos primordios seminais.
O froito adoita ser unha cápsula dehiscente por tantas valvas (ou o dobre) que estilos, tamén pode ser utricular e entón adoita encerrar o cáliz ou o hipanto. Algunhas especies teñen o froito en baga. As sementes acostuman estar ornamentadas.
Subfamilias
[editar | editar a fonte]Tribos
[editar | editar a fonte]Xéneros
[editar | editar a fonte]A familia consta de 88 xéneros cunhas 2000 especies, como importantes:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cariofiláceas |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cariofiláceas |