Saltar ao contido

Saponaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Saponaria é un xénero de herbas perennes pertencentes á familia Caryophyllaceae, nativo do sur de Europa e suroeste de Asia. Comprende 128 especies descritas e destas, só 14 aceptadas.[1] Estas herbas coñécense comunmente como xaboeiras, albitornos, herbas das ferreñas, herbas xaboeiras, e saponarias.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Acadan unha altura de entre 10 e 60 cm, con follas opostas de 1 a 6 cm de lonxitude. As flores prodúcense en agrupacións sobre os talos de 4 a 25 mm de diámetro, con cinco pétalos brancos, amarelos, rosas ou púrpura pálido.

O xénero está estreitamente ligado cos xenereos Lychnis e Silene, distinguíndose destes por ter só dous estilos nas flores, en lugar de tres ou cinco.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Especies de Saponaria son o alimento das larvas dalgunhas especies de lepidópteros, incluíndo a couza, Hadena bicruris e Coleophora saponariella (que come exclusivamente de Saponaria spp).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl Linnaeus e publicado en Species Plantarum 1: 408. 1753.[3] A especie tipo é: Saponaria officinalis Gilli.

Etimoloxía

Saponaria: nome xenérico que deriva do latín sapo = (xabón), en alusión ás propiedades que teñen as raíces en contacto coa auga.

Especies aceptadas

[editar | editar a fonte]

A continuación dáse unha listaxe das especies do xénero Saponaria aceptadas até outubro de 2013, ordenadas alfabeticamente. Especies aceptadas:[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Saponaria en PlantList
  2. "saponaria no DRAG". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  3. "Saponaria". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 28 de outubro de 2013. 
  4. Saponaria. GRIN.
  5. Mutlu, B. (2006). Saponaria bargyliana Gombault (Caryophyllaceae): a new record for Turkey and analysis of its morphological characters with related species. Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Turk. J. Bot 30, 63-70.
  6. Vural, M., et al. (2006). Saponaria karapinarensis, Senecio salsuginea and Centaurea tuzgoluensis, three new species from central Anatolia, Turkey. Belgian Journal of Botany 139(2), 252-60.
  7. Ataslar, E. (2004). Morphological and anatomical investigations on the Saponaria kotschyi Boiss.(Caryophyllaceae). Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Turk. J. Bot 28, 193-99.
  8. Çinbilgel, İ., et al. (2007). Morphological and anatomical study on endemic Saponaria pamphylica Boiss. & Heldr.(Carypohyllaceae). J. Appl. Biol. Sci 1, 19-25.
  9. Tribsch, A., et al. (2002). Saponaria pumila (Caryophyllaceae) and the ice age in the European Alps. American Journal of Botany 89(12), 2024-33.
  10. Dönmez, A. A. (2009). Saponaria suffruticosa (Caryophyllaceae): An enigmatic species from south-west Asia on border of Turkey and Iraq. Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Hacettepe J Biol 37(3) 181-87.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]