Cantís de Møn
| Tipo | Cantil | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Vordingborg, Dinamarca | |||
| Localización | Møn | |||
| ||||
| Características | ||||
| Altitude | 128 m | |||
| Material ou ingrediente | creta | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | |||
| Data | 2025 (47ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (viii) | |||
| Identificador | 1728 | |||
| Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
| Identificador | 6632 | |||
Os cantís de Møn ou Møns Klint é un tramo de 6 km de cantís calcarios e xiz que se atopa ao longo da costa leste da illa dinamarquesa de Møn, na rexión de Selandia, con saída ao Mar Báltico. Desde xullo de 2025 é Patrimonio da Humanidade.[1] Algúns dos cantís caen 120 m cara ao mar.[2]
O 29 de maio de 2007, preto dos cantís, a raíña Margarida inaugurou o GeoCenter Møns Klint. O museo deseñárono PLH Architects, os gañadores dun concurso de deseño.[3]
O 13 de xullo de 2025, Møns Klint foi un dos sitios aceptados para a súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.[4][5]
Características
[editar | editar a fonte]O cantíl máis alto é o Dronningestolen que atópase a 128 m sobre o nivel do mar.[6] A contorna de Møns Klint está formada por bosques, pastos, lagoas e outeiros empinados, incluíndo Aborrebjerg que, cunha altura de 142 m, é un dos puntos máis altos de Dinamarca. Os cantís e o parque adxacente están agora protexidos como reserva natural. Møns Klint é un destino turístico bastante popular en toda Europa, recibe uns 250.000 visitantes ao ano.[7] Hai camiños claramente sinalizados para camiñantes, ciclistas e xinetes. O camiño ao longo dos cantís leva a escaleiras que baixan á costa en varios lugares. A praia desta zona non é de area senón de pedra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Møns Klint from the Insula Moenia site (en dinamarqués)
- Guide to Møns Klint from the National Forest and Nature Agency (en inglés)
- ↑ "Møns Klint er optaget på Unescos Verdensarvsliste" (en dinamarqués). Consultado o 13 de xullo de 2025.
- ↑ Scheffel, Richard L.; Wernet, Susan J., eds. (1980). Natural Wonders of the World. United States of America: Reader's Digest Association, Inc. pp. 252. ISBN 0-89577-087-3.
- ↑ "GeoCenter and Boardwalk, Møns Klint" (en inglés). PLH Arkitekter. Consultado o 2019-12-05.
- ↑ "New Inscribed Properties 2025". UNESCO. Consultado o 14 de xullo de 2025.
- ↑ "Møns Klint kommer på UNESCOs Verdensarvsliste" (en dinamarqués). Kultur Ministeriet. 13 de xullo de 2025. Consultado o 14 de xullo de 2025.
- ↑ "Seværdigheder på Møns klint" (en dinamarqués). Naturstyrelsen. Consultado o 2019-12-01.
- ↑ "Møns Klint". Kend din ø (en dinamarqués). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 20 de abril de 2011.
