Xiz
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xiz (programa de televisión).

O xiz (provén do grego gupsos, ou ‘xeso’, tomado a través do latín gypsum, i)[1] é un tipo de arxila terrosa branca que se usa para escribir xeralmente nos encerados. Adoita chamarse tamén así o composto de xeso que se usa no xogo de billar para fregar os tacos a fin de que non escorreguen ao golpear as bólas. O xiz elabórase xeralmente mesturando xeso con auga e algúns outros materiais tales como caolín, e espérase a que fragüe dentro dun molde especial. Unha vez que fraguou a mestura, desmóldase e sécase.