Cangrexo de río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cangrexos de río
Rango fósil: mesozoico - actualidade
Austropotamobius pallipes (astácidos)
Austropotamobius pallipes (astácidos)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Astacidea
Superfamilia: Astacoidea
Latreille, 1802
Parastacoidea
Huxley, 1879
Familias
Cangrexos de río cocidos.

Denomínanse cangrexos de río[1] aos crustáceos decápodos pertencentes ás superfamilias dos astacoideos e dos parastacoideos (dúas das cinco superfamilias da infraorde dos astacideos), caracterizados, entre outras cousas, por viviren en auga doce.

O estudo dos cangrexos de río denomínase astacoloxía.[2][3] E a súa cría en catividade con fins comerciais, astacicultura.[3]

Características[editar | editar a fonte]

As principais características dos astacoideos son:[4]

Gstronomía[editar | editar a fonte]

Os cangrexos de río cómense en todo o mundo. Como outros crustáceos comestíbeis, só se aproveita unha pequea parte do seu corpo. Nos pratos máis elaborados só se usa a cola. Noutras receitas cocíñanse enteiros, cocidos, á plnacha ou á grella. As pinzas dos exemplares de maior tamaño ábrense a miúdo para acceder á carne do seu interior. Tamén é frecuente chupar as súaas cabezas (o cefalotórax), xa que os condimentos e o sabor concéntranse na graxa do seu interior.

Un mito frecuente é que os cangrecos coa cola recta morreron antes de cocelos e non é seguro comelos. En realidade, os cangrexos mortos antes da cocción poden ter as colas rectas ou curvas, igual que os que estaban vivos, e poden comerse ben sen problemas. Os cangrexos que morreron antes da cocción poden comerse con seguridade se se mantuveron refrixerados e non levaban mortos demasiado tempo. Un indicador da comestibilidade dun cangrexo mellor que a cola recta é a propia carne da cola: se está branda adoita ser un indicio de que debe evitarse.[5]

En España o cangrexo de río consómese amplamente, sobre todo en Castela e Aragón. Pero as enfermidades, a sobrepesca, a introdución de especies exóticas e a contaminación ambiental en certas zonas levaron a un importante declive da poboación do cangrexo de río autóctono. Actualmente, ao ser unha especie protexida, non se pode consumir, polo que foi substituído na pesca e a cociña española por especies de augas quentes, máis resistentes e abundantes, como o cangrexo de río vermello, do que España é o terceiro produtor a nivel mundial.

Os cangrexos de río teñen un bo sabor e, ao fervelos, pasan dunha cor parda á avermellada, resultando moi atractivo na mesa. Adoita cociñarse, ademais de simplemente cocido, en sopas, guisos, etcétera.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cangraxo de río no dicionario da RAG.
  2. Sociedad Española de Ciencias Forestales (2005). Diccionario forestal. Mundi-Prensa Libros. p. 106. ISBN 978-84-8476-189-1. 
  3. 3,0 3,1 Gran dicionario Xerais da lingua, volume I. Vigo: Xerais, 2009, ISBN 978-84-0041-071-1.
  4. Christoph Needon; Johannes Petermann; Peter Scheffel; Bernd Scheibe (1971). Plants and Animals (Pflanzen und Tiere). Leipzig: Urania Verlag. 
  5. "Scientist More Interested in Research than Crawfish Boils" (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros arigos[editar | editar a fonte]