Astacoideos
Astacoideos Astacoidea Rango fósil: mesozoico - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Austropotamobius pallipes | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
A dos astacoideos (Astacoidea) é unha superfamilia de crustáceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos que foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille na súa obra en tres volumes Histoire naturelle, générale et particulière des Crustacés et des Insectes. Ouvrage faisant suite à l'histoire naturelle générale et particulière, composée par Leclerc de Buffon, et rédigée par C. S. Sonnini, membre de plusieurs Sociétés savantes.[1]
Características[editar | editar a fonte]
As principais características dos astacoideos son:[2]
- Son crustáceos de auga doce que, xunto cos seus moi próximos parentes, os membros da superfamilia dos parastacoideos, conforman o grupo dos chamados cangrexos de río que, a pesar do seu nome, se asemellan máis ben a pequenos lumbigantes, cos que ambos os grupos están relacionados.
- Respiran a través de branquias plumosas, e viven en masas de auga que non se conxelan até o fondo; algunhas especies encóntranse en peqenos ríos, arroios e regatos, mentres que outras prosperan en encoros, canles de rega e arrozais.
- Aliméntanse de plantas e animais vivos e mortos.
- A maioría destes cangrexos non poden tolerar as augas contaminadas, aínda que algunhas especies, como a invasora Procambarus clarkii, son máis resistentes.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Clasificación segundo o ITIS[editar | editar a fonte]
O ITIS admite só dúas familias dentro da superfamilia:[3]
Astacoidea Latreille, 1802
- Familia Astacidae Latreille, 1802
- Familia Cambaridae Hobbs, 1942
Clasificación segundo o WoRMS[editar | editar a fonte]
Porén, o WoRMS, inclúe unha máis:[4]
Astacoidea Latreille, 1802
- Familia Astacidae Latreille, 1802
- Familia Cambaridae Hobbs, 1942
- Familia Parastacidae Huxley, 1879
Esta última, a dos parastácidos, constitúe para algúns autores e bases de datos (como o ITIS), unha superfamilia á parte, a dos Parastacoidea Huxley, 1879.[5]
Ademais, o WoRMS iclúe tamén a familia fósil dos Cricoidoscelosidae Taylor, Schram & Shen, 1999 †
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Astacidea no WoRMS.
- ↑ Christoph Needon; Johannes Petermann; Peter Scheffel; Bernd Scheibe (1971). Plants and Animals (Pflanzen und Tiere). Leipzig: Urania Verlag.
- ↑ Astacoidea Latreille, 1802 no ITIS.
- ↑ Astacoidea Latreille, 1802 no WoRMS.
- ↑ Parastacoidea Huxley, 1879 no ITIS.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Astacoideos ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- De Grave, Sammy; N. Dean Pentcheff & Shane T. Ahyong (2009): A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans.
- Gilbertson, Lance (1999): Zoology Lab Manual. 4ª ed. New York: McGraw Hill Companies. ISBN 0-07-237716-X.
- Huxley, Thomas Henry (1880): The Crayfish: an Introduction to the Study of Zoology. New York:D. Appleton & Co.
- Johnson, Sterling K. & Nathan K. Johnson (2008): Texas Crawdads. Texas. College Station. ISBN 978-0-9801103-0-2.
- Martin, J. W. & G. E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea.
- Walls, Jerry G. (2009): Crawfishes of Louisiana. Baton Rouge: Florida State University Press. ISBN 978-0-8071-3409-2.