Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Campo de plumas |
|---|
|
Instancia de
| |
Título
Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe (gl) | |
Lingua
|
|
|
|
|
Data de publicación
2021 |
|
|
|
| Wikidata |
Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe é un libro de poemas traducido ao galego por Jesús Castro Yáñez e publicado por Sushi Books, selo editorial de Rinoceronte Editora no ano 2021.[1]
Nesta obra poética, Jesús Castro fai unha recompilación e unha escolma de poemas que falan de diversas identidades e orientacións sexuais ao longo da historia. Dende a Antigüidade até os nosos días, pódense atopar poemas de Safo, Catulo, Abu Nuwas, Sor Juana Inés de la Cruz, Wu Tsao, Walt Whitman, Emily Dickinson, Konstantinos Kavafis, Renée Vivien, Federico García Lorca, Hilda Doolitle, Sandro Penna, Elizabeth Bishop, Gloria Fuertes, Jack Spicer, June Jordan, Pat Parker, Manuel Ramos Otero, Néstor Perlongher, Maria Mercè Marçal, Jesse Darling, Alex Dimitrov e Mary Jean Chan.