Campionato di Eccellenza 2010-2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A tempada 2010/11 da Liga Italiana de Rugby foi a 81ª edición da máxima competición nacional organizada pola Federación Italiana de Rugby. A tempada comezou o 12 de setembro do 2010 e despois de 18 xornadas rematou o 1 de maio do 2011 para dar paso ós playoffs, nos que participaron os catro primeiros equipos da táboa clasificatoria.

Debido á entrada nesta tempada de dous equipos italianos na Magners League, a Liga Italiana de Rugby xa non clasificará ningún equipo para a vindeira Heineken Cup, senón que os catro equipos que disputaron os playoffs estarán na European Challenge Cup o ano que vén.

Denominada dende esta tempada como Campionato de Eccellenza, este ano estaba previsto que a competición estivese composta por 12 equipos, e con ese obxectivo ascendeuse dende a serie A (segunda división) a tres equipos: SS Lazio, Mogliano e Noceto. Non obstante, no verán anunciouse a saída da liga dos vixentes campión e subcampión da tempada pasada, para comezar a competir na tempada 2010/11 da Magners League, o Benetton Treviso por si mesmo e o Rugby Viadana como núcleo esencial do proxecto do Aironi Rugby. Tamén se levou a cabo a fusión do Rugby Parma co Noceto para crear o Crociati, así que a liga xa se quedaba en nove equipos, de xeito que houbo que repescar o descendido Veneziamestre e cerrouse así a liga con 10 equipos, como na tempada anterior. Finalmente, o Gran Parma e mais o Colorno da serie A tamén se fusionaron para crear o GranDucato.

Equipos[editar | editar a fonte]

Stadio Tommaso Fattori, en L'Aquila.
Club Cidade Estadio Capacidade
L'Aquila L'Aquila Stadio Tommaso Fattori 10.000
Cavalieri Prato Stadio Enrico Chersoni 1.300
Crociati Parma Stadio XXV Aprile 2.500
GranDucato Parma Stadio XXV Aprile 2.500
SS Lazio Roma Centro Sportivo Giulio Onesti 5.000
Mogliano Mogliano Veneto Stadio Maurizio Quaggia 786
Petrarca Padua Stadio Plebiscito 9.600
Rugby Roma Roma Stadio Tre Fontane 4.000
Rovigo Rovigo Stadio Mario Battaglini 7.000
Veneziamestre Venecia Centro Sportivo Comunale 600

Clasificación[editar | editar a fonte]

Despois da tempada regular se disputaros os playoffs. (Imaxe da final entre Rovigo e Petrarca).
Tempada 2010-2011 do Campionato di Eccellenza
Equipo Puntos Xogados Gañados Empates Perdidos Bonus
1 Rovigo 73 18 16 0 2 9
2 Cavalieri 67 18 14 0 4 11
3 Petrarca 59 18 13 1 4 5
4 Crociati 48 18 10 2 6 4
5 GranDucato 45 18 9 1 8 7
6 Rugby Roma 40 18 7 2 9 8
7 Mogliano 37 18 6 2 10 9
8 SS Lazio 32 18 6 2 10 4
9 L'Aquila 21 18 4 0 14 5
10 Veneziamestre 0 18 0 0 18 4

En azul os catro4 equipos que se clasificaron para disputar o título nas semifinais e que estarán o vindeiro ano na European Challenge Cup.

En amarelo, o último clasificado que descende.

A vitoria vale catro puntos e o empate dous. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir catro ensaios ou máis, e por perder por sete puntos ou menos.

Veneziamestre tivo catro puntos de penalización.

Xogadores do Petrarca festexando a vitoria na final.

Semifinais e final[editar | editar a fonte]

Local Resultado Visitante Información
Data e hora Estadio e cidade
Ida das SEMIFINAIS
Crociati 13 – 20 Rovigo 14 maio, 18:10 XXV Aprile, Parma
Petrarca 31 – 18 Cavalieri 15 maio, 18:10 Memo Geremía, Padua
Volta das SEMIFINAIS
Rovigo 24 - 9 Crociati 21 maio, 18:10 Mario Battaglini, Rovigo
Cavalieri 5 - 6 Petrarca 22 maio, 18:10 Enrico Chersoni, Prato
F I N A L
ROVIGO 14 - 18 PETRARCA 28 maio, 18:10 Mario Battaglini, Rovigo

A vitoria final no campionato italiano de rugby correspondeulle a Petrarca Rugby, equipo que viña de rematar terceiro despois de 18 xornadas de liga regular. A final enfrontou a Rovigo e a Petrarca, dous equipos con 11 títulos cada un no seu palmarés, pero que non acadaban o campionato dende facía máis de 20 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]