Prato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prato de cerámica non decorado
Prato do período das cabras salvaxes

O prato é un dos principais utensilios da cociña sobre o que repousa, e sérvese, a gran maioría dos alimentos. Trátase dunha superficie aberta, máis ou menos cóncava, elaborada de diferentes materiais como porcelana, vidro, metal, plástico, barro, madeira, etc.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros pratos que se coñecen datan da cerámica prehistórica en Europa caracterizada polo seu barro que, polo común é unha pasta de cor gris ou negruzco ou vermello ennegrecido sementada de pequenos fragmentos de mica. Adoitan levar os produtos deste tipo algúns debuxos, sempre de forma xeométrica, unhas veces pintados e outras, incisos coa uña ou o punzón ou impresos con molde sinxelo. Entre os obxectos do Neolítico, hainos con debuxos (sempre lineais ou xeométricos), trazados por incisiones feitas na pasta negruzca e recheas con outra esbrancuxada. Tal é a decoración que ostentan os famosos pratos neolíticos de Ciempozuelos (Madrid) imitando a outros igualmente decorados no Exipto prehistórico e no máis primitivo da civilización minoica ou cretense, de onde seica tomaran o modelo os primeiros ceramistas hispanos.

Entre a cerámica grega, pódese identificar o estilo da «cabra salvaxe», atribuído tradicionalmente a Rodas, con motivo de importantes descubrimentos realizados na necrópole de Camiros. De feito, estendeuse por toda Asia Menor, con centros de produción en Mileto e Quíos. Predominaron dúas formas: os enócoes, que copiaban modelos de bronce, e os pratos, con ou sen pés. A decoración estaba organizada en rexistros superpostos nos que os animais estilizados, sobre todo as cabras salvaxes (que deron nome ao estilo) que aparecían en frisos. Os numerosos motivos decorativos (triángulos, esvásticas, rosetas, motivos florais) enchían os espazos baleiros.

Composición en Vaixela[editar | editar a fonte]

Unha vaixela adoita contar cos seguintes tipos de pratos:

  • Pratos chairos.
  • Pratos fondos, para tomar caldos, sopas e outros pratos de culler.
  • Pratos de sobremesa, de menor diámetro que os anteriores utilizados para servir a sobremesa.
  • Pratos de café, os máis pequenos dos catro tipos, para servir coa cunca do café.

As vaixelas máis completas contan tamén con pratos de consomé e de café que combinan coas súas cuncas e tazóns correspondentes.

A colocación dos pratos na mesa faise do seguinte xeito. En primeiro lugar colócanse os baixoplatos ou pratos de decoración. Sobre eles, sitúanse os pratos chairos e sobre estes, os pratos fondos ou pratos de aperitivo, máis pequenos que os anteriores. O pratiño de pan colócase á dereita destes aliñado coas copas.

Como regra xeral, aconséllase non colocar dous pratos iguais xuntos (é dicir, dous fondos ou dous chairos) e non apoiar directamente os pratos fondos sobre a mesa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]