Rugby Viadana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rugby Viadana
NomeRugby Viadana 1970
Fundación1970
SedeViadana (provincia de Mantua), Italia
Estadio(s)Stadio Luigi Zaffanella
Capacidade6.000 espectadores espectadores
PresidenteDavide Tizzi
AdestradorRegan Sue
CapitánRoberto Santamaria
Liga(s)Eccellenza
2014-20156º (liga regular)
Casa
Fóra
Páxina web
www.rugbyviadana.it

O Rugby Viadana é un club de rugby italiano da cidade de Viadana (Lombardía), que actualmente compite no Eccellenza, a máxima categoría do rugby italianos. O club foi fundado en 1970 e gañou a Liga Italiana en 2002, e a Coppa Italia en catro ocasións. Tamén competíu en competicións europeas, sendo finalistas da European Shield en 2004. O Viadana xoga coas cores amarela e negra.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1970 como unha sección dentro do Vitellianense Cebogas Multisports Club por algúns ex-xogadores do Rugby Parma. O equipo comezou a súa andaina no nivel máis baixo, a Serie D.

Na tempada 1980-81 o Viadana gañou a Serie B, mais logo de tres anos o equipo foi relegado á Serie C. Mais un ano máis tarde acadaría novamente o ascenso á Serie B. Na tempada 1986-87 gañou o ascenso á Serie A2, finalizando en sexto lugar no seu primeiro ano. Logo foron descendidos novamente ao ano seguinte, non retornando ata despois de tres anos.

Finalmente, gañou o ascenso á Serie A na tempada 1998-99. Na súa primeira tempada, o Viadana gañou a Coppa Italia. Na tempada 2000-01 finalizou en terceira posición a liga, mais perderon novamente nas semifinais dos play-offs fronte ao Benetton Treviso.

En 2002 a liga italiana foi reformada, converténdose no actual Super 10. Durante esa tempada, o Viadana finalizou na primeira posición e derrotou aos favoritos do Benetton Treviso nos play-offs polo título por primeira vez. Foi o primeiro equipo dunha cidade que non é capital provincia que conseguíu gañar a Liga. Gañou a súa segunda Coppa Italia en 2003.

En 2004 converteuse no primeiro (e único) equipo italiano en chegar a unha final europea, perdendo na pinal da European Shield por 19-25 fronte ao Montpellier. En 2007 derrotaron ao Cammi Calvisano para alzar a súa terceira Coppa Italia. En 2008, o Viadana perdeu nas semifinais fronte ao Benetton Treviso e porén perdeu unha praza na Heineken Cup.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]