Campionato de Galicia de fútbol 1913/14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Campionato de Galicia 1913/14 foi a primeira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol[1]. Disputouse durante o mes de xaneiro de 1914. Nesta edición o torneo aínda non outorgaba a representanción galega na Copa de España, que na tempada en curso xa fora dirimida noutra competición eliminatoria xogada con anterioridade á data de realización do Campionato de Galicia[2][3].

Inscribíronse o Vigo Sporting Club e o Fortuna de Vigo[4], resultando gañador do torneo o Vigo Sporting[5]. As bases do torneo establecían a disputa do torneo en formato de liga a dúas voltas[1], mais como só se inscribiron dous equipos na práctica tratouse dunha eliminatoria directa entre eles.

Calendario[editar | editar a fonte]

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 18 de xaneiro Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 0–4 Informe
2 25 de xaneiro Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 6–0 Informe

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts
1. Vigo Sporting 2 2 0 0 10 0 +10 4
2. Fortuna de Vigo 2 0 0 2 0 10 −10 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Campeonato de Galicia". Noticiero de Vigo nº 11.607 (en castelán). 20 de decembro de 1913. p. 3. 
  2. "Notas deportivas. Campeonato de España". Noticiero de Vigo nº 11.586 (en castelán). 26 de novembro de 1913. p. 1. 
  3. "Los deportes". Diario de Galicia nº 1.527 (en castelán). 30 de decembro de 1913. p. 1. 
  4. "Notas deportivas. Campeonato de Galicia". Noticiero de Vigo nº 11.615 (en castelán). 11 de xaneiro de 1914. p. 2. 
  5. "Notas deportivas. Campeonato de Galicia". Noticiero de Vigo nº 11.628 (en castelán). 27 de xaneiro de 1914. p. 1.