Campionato de Galicia de fútbol 1914/15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Campionato de Galicia 1914/15 foi a segunda edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en novembro de 1914 e rematou en marzo de 1915. Nesta edición por primeira vez o Campionato de Galicia outorgaba tamén a clasificación para a Copa de España[1].

Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club e o Real Club Coruña[2]. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Durante un partido entre o Coruña e o Fortuna, os coruñistas retiráronse do campo 25 minutos antes da fin do tempo regulamentario en protesta pola arbitraxe sufrida, actuando como detonante que o árbitro sancionase con penalti unha carga no centro do campo[3][4]. Isto supuxo a descualificación do conxunto herculino[5], que naquela altura lideraba o campionato, e deixou o torneo nun cara a cara entre os dous clubs vigueses, que remataron a liga empatados e tiveron que xogar unha final de desempate na que foi vencedor o Fortuna[6].

Calendario[editar | editar a fonte]

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 22 de novembro Monelos R.C. Coruña Fortuna de Vigo 3–2 Informe
2 29 de novembro Coia Vigo Sporting R.C. Coruña 2–0 Informe
3 17 de xaneiro Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 3–0 Informe
4 24 de xaneiro Monelos R.C. Coruña Vigo Sporting 4–0 Informe
5 31 de xaneiro Bouzas Fortuna de Vigo R.C. Coruña    3–0(1) Informe
6 7 de febreiro Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 1–0 Informe
(1) O R.C. Coruña retirouse 25 minutos antes da fin do encontro.[3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Fortuna de Vigo 4 2 0 2 8 4 +4 6 Final de desempate
Vigo Sporting 4 2 0 2 3 4 −1 6
3. R.C. Coruña 4 2 0 2 7 7 0 0 Descualificado

Os puntos dos partidos do R.C. Coruña foron concedidos ós seus rivais trala descualificación.[5]

Posicións por xornada[editar | editar a fonte]

Equipo / Xornada
1 2 3 4 5 6
Fortuna de Vigo
2
2
1
2
1
1
Vigo Sporting
2
1
1
2
2
1
R.C. Coruña
1
1
1
1

Final de desempate[editar | editar a fonte]

Vigo Sporting 0 - 0 Fortuna de Vigo 28 de febreiro de 1915 – Coia, Vigo
Informe
 
Fortuna de Vigo 1 - 0 Vigo Sporting 7 de marzo de 1915 – Bouzas, Vigo
Informe
 

Controversias[editar | editar a fonte]

Descualificación do Real Club Coruña[editar | editar a fonte]

No quinto partido da liga, xogado entre o Coruña e o Fortuna, os coruñistas deixaron o campo 25 minutos antes do final do encontro, despois de que o árbitro Arturo Álvarez (membro do Vigo Sporting) asubiase penalti despois dunha carga feita no centro do campo por un xogador coruñista sobre outro fortunista[3]. En resposta, a Federación Galega de Fútbol descualificou o conxunto coruñés, outorgando os seus puntos ó Fortuna e ó Vigo Sporting, e prohibiulle xogar partidos contra outros clubs durante o mes de febreiro[5].

O Real Club Coruña interpuxo unha queixa na Real Federación Española de Fútbol, a cal sentenciou que o Coruña tiña razón nas súas protestas e non podía ser excluído da competición e debía seguir tomando parte das eliminatorias, quedando dese xeito os tres equipos empatados a puntos e tendo que se realizar un desempate entre os mesmos[7][8]. A FGF non asumiu a devandita sentenza e deciciu leva-lo asunto a unha asemblea extraordinaria, na que a meirande parte dos clubs deron a razón ó Real Club Coruña[7][8], feito que propiciou que o comité directivo do ente federativo presentase a súa dimisión[9]. A falta de tempo para disputa-lo devandito desempate, debido ó inminente comezo da Campionato de España, provocou que finalmente a RFEF concedese a praza ó Fortuna de Vigo[10].

Agresións[editar | editar a fonte]

Un grupo de persoas, entre as que segundo os testemuños recadados pola prensa se atopaban varios xogadores do Fortuna de Vigo, agrediu a Carlos González de Ancos (do Deportivo Auténtico F.C.), árbitro do sexto partido do campionato no que o Vigo Sporting gañou ó Fortuna e empatou o torneo[11]. A agresión foi cometida após o partido, cando Ancos saía da sede da Federación en Vigo[12]. Nalgúns medios mesmo se falou de que os agresores portaran armas de fogo[13]. Sorprendentemente, a decisión da directiva da FGF foi a de inhabilitar a Ancos ata maio dese mesmo ano, alegando que existira parcialidade na súa arbitraxe[14]. Ancos solicitou a suspensión de catro xogadores do Fortuna ante a FGF[15], pero o organismo ditaminou oficialmente que segundo as súas pesquisas non había xogadores do Fortuna entre os agresores, recibindo críticas por se negar a rexistra-los testemuños por escrito durante a investigación[15][16].

Simultaneamente, tamén apareceu publicado que un xogador do Fortuna agredira a outro do Vigo Sporting na rúa[17].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Notas de sport. El partido de hoy". Noticiero de Vigo nº 12.021 (en castelán). 7 de marzo de 1915. p. 1. 
  2. "Sección de Noticias". La Correspondencia Gallega nº 7.454 (en castelán). 23 de outubro de 1914. p. 3. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Balompié". El Progreso nº 2.879 (en castelán). 20 de febreiro de 1915. p. 2. 
  4. "Notas de Sport. Coruña-Fortuna". Eco de Galicia nº 2.693 (en castelán). 1 de febreiro de 1915. p. 1. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Notas de sport". El Noroeste nº 9.869 (en castelán). 4 de febreiro de 1915. p. 1. 
  6. "Notas de Sport. El Campeonato". Noticiero de Vigo nº 12.022 (en castelán). 9 de marzo de 1915. p. 1. 
  7. 7,0 7,1 "Notas de sport. Fin de un pleito". Eco de Galicia nº 2.751 (en castelán). 31 de marzo de 1915. p. 1. 
  8. 8,0 8,1 "Notas de sport". El Noroeste nº 9.925 (en castelán). 1 de abril de 1915. p. 1. 
  9. "Notas de sport". Eco de Galicia nº 2.760 (en castelán). 10 de abril de 1915. p. 2. 
  10. "Notas de sport". El Noroeste nº 9.399 (en castelán). 16 de abril de 1915. p. 2. 
  11. "Notas de sport. Campeonato de España". Noticiero de Vigo nº 11.999 (en castelán). 9 de febreiro de 1915. p. 2. 
  12. "Notas de sport". El Noroeste nº 9.874 (en castelán). 9 de febreiro de 1915. p. 1. 
  13. "La agresión a un referee". El Noroeste nº 9.875 (en castelán). 10 de febreiro de 1915. p. 1. 
  14. "Notas de sport. Después de un partido". Noticiero de Vigo nº 12.001 (en castelán). 11 de febreiro de 1915. p. 3. 
  15. 15,0 15,1 "Notas de sport. Siga la broma". Noticiero de Vigo nº 12.002 (en castelán). 12 de febreiro de 1915. p. 1. 
  16. "Notas de sport. El Campeonato". Noticiero de Vigo nº 12.007 (en castelán). 19 de febreiro de 1915. p. 1. 
  17. "Notas de sport. Alrededor de un partido". Noticiero de Vigo nº 12.000 (en castelán). 10 de febreiro de 1915. p. 1.