Carlos Solla Varela
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() | As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Carlos Solla Varela | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de abril de 1971 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Poesía e ensaio |
Premios | Premio de poesía Victoriano Taibo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Solla Varela, tamén coñecido como Calros Solla, nado en Pontevedra o 2 de abril de 1971, é un filólogo, escritor e etnógrafo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Calros Solla é profesor de historia e lingua galega. Foi membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido da Terra de Montes e do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca. É membro fundador do Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) e do colectivo Capitán Gosende. Membro da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Parte da súa obra poética está publicada en revistas como Verbo Xido, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna ou Arraianos. Participou no X e no XXIV Festival da Poesía no Condado, en 1990 e 2010. En 2010 gañou o Premio Johán Carballeira co poemario Lume de ollos en MazinGZ. En 2011 gañou o Premio de poesía Victoriano Taibo con Holocausto zacoe.
Dende a década dos noventa, orienta a súa actividade cultural na descuberta e valorización do patrimonio material e inmaterial da Terra do Concello de Cerdedo (colección de ensaios Cerdedo in the Voyager) e, en concreto, no estudo e promoción do monte do Seixo (Proxecto Montaña Máxica). En 2009, escribiu e codirixiu o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica, baseado nas súas investigacións sobre a etnografía e a mitoloxía deste territorio. Como investigador de campo, descubriu máis de sesenta gravados rupestres na comarca pontevedresa de Terra de Montes.[1] En 2002 deu a coñecer a hoxe célebre Portalén (rocha que a tradición identifica como a entrada ao Máis Alá), situada no monte do Seixo (Pontevedra).[2] [3][4] É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmiento (Cerdedo), de 2002, Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), de 2006, Roteiro da Pantalla de 2011, e Roteiro polo Pedre milenario de 2013. En 2012-13, comisariou a exposición "De rezos a conxuros" (colección particular de amuletos, talismáns e outros obxectos de poder da cultura tradicional) no Museo Etnográfico Liste, que foi visitada por preto de dez mil persoas.[Cómpre referencia] En 2016, promoveu a creación do "Campo das Laudas" (Meilide-Cerdedo), monumento en memoria das vítimas da represión franquista en Cerdedo. É colaborador habitual do xornal Faro de Vigo e das webs Tabeirós-Montes, Historia de Galicia e Galicia Encantada.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Xábregho, 1999, Río Xuvia.
- Mel de arañas, 2000, Ediciones Cardeñoso.
- Terras raras, 2001, Arte Tripharia, Madrid.
- Ras e tritongos, 2003, Edicións Cardeñoso, antoloxía poética que inclúe as tres obras anteriores.
- Cerdedo in the Voyager I, 2004, Edicións Cardeñoso. Poesía visual. 2ª edición en Morgante, no 2010.
- Libro de reclamacións, 2005. Poesía visual.
- Pan prós crocodilos, 2010, Barbantesa.
- MazinGZ, 2011, Espiral Maior.
- Holocausto zacoe, 2011, Nova Galicia Edicións.
Ensaio/Crónica/Divulgación[editar | editar a fonte]
- Cerdedo. Materiais para o estudo da freguesía de San Xoán de Cerdedo. Inventario xeral, 2002, Edicións Cardeñoso.
- Cerdedo na obra do Padre Sarmento, 2002, Verbo Xido. 2ª edición en Morgante, 2009.
- Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo, 2005, Edicións Cardeñoso. 2ª edición en Morgante, 2010.
- Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica, 2007, Edicións Cardeñoso. 2ª edición en Morgante, 2011.
- Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas, 2008, Serpe Bichoca.
- Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos, 2009, Concello de Pontevedra.
- Carta arqueolóxica do Concello de Cerdedo, 2009, Morgante.
- O ano que chimpamos o cacique. Crónica do agrarismo en Cerdedo (1916-1923), 2011, Morgante.
- O vervo xido. A fala secreta dos canteiros de Cerdedo, 2011, Morgante.
- O código da vincha. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo, 2012, Morgante.
- O crime de Pardesoa, 2013, Morgante.
- As pedras da tribo. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo II, 2014, Morgante.
- O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970), 2014, Vaipolorío-Morgante.
- De rezos a conxuros. Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder da Galiza tradicional, 2014, Museo Etnográfico Liste.
- A conxura dos Gosende. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III, 2015, Morgante.
- Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo, 2016, Morgante.
- Ao saimento de nós. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo IV, 2017, Morgante.
- O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo, 2017, Morgante.
- A vaga dos pratiños voantes. O fenómeno ovni na prensa galega (1947-1950), 2020, Morgante.
Narrativa
- O demo asubiador. A maxia rebuldeira do Aninovo, 2014, Vaipolorío-Concello de Pontevedra.
- A gran mortaldade, 2019, Morgante.
- Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos, 2019, Vaipolorío-Morgante.
Retrónicas, aforismos[editar | editar a fonte]
- reGaliza e outras chuches, 2008, Edicións Cardeñoso. 2ª edición en Edicións Barbantesa, 2013. Contén o Libro de reclamacións (2005).
- O orgullo do gurgullo, 2012, Morgante.
Edicións[editar | editar a fonte]
- Cantares de Manuela de Barro. Achegas ao cantigueiro de Cerdedo, 2008. 2ª edición en Morgante, 2009. 3ª edición revisada e ampliada no 2012, na mesma editora.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- X Festival de Poesía no Condado, 1990, S. C. D. Condado.
- Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa, 2000, VTP Editorial.
- Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia, 2005, Eneida.
- Poesía contemporánea: Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
- Pontevedra literaria, 2007, Concello de Pontevedra.
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
- Polos camiños de Cangas. 25 anos do certame de poesía María Soliño, 2010, Morgante.
- XXIV Festival da Poesía no Condado, 2010, S. C. D. Condado.
- Dairas, 2011, IES M. García Barros (A Estrada).
- Poema río dos Gafos, 2012, Vaipolorío-Concello de Pontevedra.
- Pedigree, 2013, IES M. García Barros (A Estrada).
- O demo asubiador, 2014, Vaipolorío-Concello de Pontevedra.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
- Amuletos e reliquias. Usos e crenzas. Actas da VII Xornada de Literatura de Tradición Oral, 2015, AELG.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Johán Carballeira no 2010, por Lume de ollos en MazinGZ.
- Premio Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns no 2011, por Holocausto zacoe.
- Diploma de Honra da asociación Amigos da Cultura Celta (Narón, 2011).
- Premio Cidade de Pontevedra 2015.
- Premio Cogave 2017.
- Diploma de recoñecemento da Asociación Pola Defensa da Ría da Pontevedra (APDR), 2018.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Capitán Gosende descobre un santuario rupestre na Corredoira (Cotobade)". Tabeirós Montes (en portugués). Consultado o 2020-06-26.
- ↑ "Como se forxou a lenda do monte do Seixo? (I)". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-26.
- ↑ "Como se forxou a lenda do monte do Seixo? (II)". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-26.
- ↑ "Como se forxou a lenda do monte do Seixo? (e III)". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-06-26.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Solla Varela ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Carlos Solla Varela na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- O embigo do becho, blog do autor.