Saltar ao contido

Cacto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cactaceae»)
Cactos (familia Cactaceae)
Clasificación científica
Reino Plantae
División Magnoliophyta
Clase Magnoliopsida
Orde Caryophyllales
Familia Cactaceae
Xénero
Varios
Un cacto con flor.
Astrophytum myriostigma.

Os cactos son os vexetais pertencentes á familia das cactáceas (Cactaceae), plantas espiñentas e con talos suculentos; algunhas especies teñen talos leñosos ou pouco suculentos, entón presentan follas simples, suculentas e alternas. Teñen fotosíntese CAM. As flores son solitarias e hermafroditas ou, máis rara vez, unisexuais, acostuman ser actinomorfas, pero existen especies con flores zigomorfas.

O perianto, xeralmente, está composto por numerosos tépalos dispostos en espiral, con aspecto petaloide, frecuentemente os tépalos externos teñen aspecto sepaloide. Únense basalmente para formar un hipanto ou tubo periántico. O androceo está formado por numerosos estames, con secuencia centrífuga. O pole é trinucleado, desde tricolpado a 6-15 colpado ou porado. O nectario está constituído por un anel na superficie interna do tubo periántico. O xineceo componse de 3 a moitos carpelos, sendo o ovario ínfero. O froito acostuma ser indehiscente, carnoso, baciforme, rara vez seco.

A familia consta de 30-200 xéneros, segundo o autor consultado, con 1000 especies ou posibelmente 2000.

Espiñas dos cactos.
Ferocactus echidne/ Ferocactus echidne.