Hylocereus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hylocereus é un xénero dos cactos, nativo de Centroamérica, o Caribe e México até a parte setentrional de Suramérica.

Hylocereus monacanthus

Descrición[editar | editar a fonte]

Os froitos de varias das especies son comestibles, como H costaricensis, H. megalanthus e H. undatus, chamados comunmente pitaias.
Son bagas de até 7 a 14 cm de longo e 5 a 9 cm de largo, con epicarpio amarelo ou rubio e polpa de consistencia mucilaxinosa, branca ou vermella. Cada froito contén numerosas sementes pequenas de cor negra brillante. O seu sabor é doce.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero ten dificultade para a súa catalogación pola amplitude e variabilidade das súas especies. Está estreitamente emparentado co xénero Selenicereus.

O xénero foi descrito por (A.Berger) Britton & Rose e publicado en Contributions from the United States National Herbarium 12(10): 428. 1909.[1] A especie tipo é: Hylocereus triangularis (L.) Britton & Rose.

Etimoloxía

Hylocereus: nome xenérico composto do substantivo grego: "ύλη" (hylé) = "dos bosques" e o sufixo Cereus que significa "o Cereus dos bosques".

Especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hylocereus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]