Cabraloura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cabraloura
Nosoroh.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Familia: Scarabaeidae
Subfamilia: Dynastinae
Xénero: 'Oryctes'
Especie: ''O. nasicornis''
Nome binomial
'Oryctes nasicornis'
(Linnaeus, 1758)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia

Oryctes progressivus Prell, 1914
Oryctus nasutus Mulsant, 1842

A cabraloura ou bosteiro,[1] (Oryctes nasicornis) é unha especie de coleóptero escarabeido da familia Dynastidae.[2]

Exemplar de cabraloura.
Oryctes nasicornis under.jpg

Descrición[editar | editar a fonte]

Son escaravellos reboludos, con élitros moi convexos. Presentan un gran dimorfismo sexual. O pronoto dos machos presenta un amplo relevo superior transversal rematado por dous tubérculos romos, que se prolonga lateralmente, desde o que descende en concavidade até a cabeza. Esta é de tamaño menor e está rematada por un pronunciado corno clipeal incurvado cara atrás que emerxe entre a fronte e a estrutura bucal (tamén chamado corno). Nas femias o relevo pronotal está atenuado, sen tubérculos, e o corno clipeal queda reducido a un pequeno tubérculo apuntado. As antenas son pequenas, teñen 10 artellos e os tres últimos están dispostos en forma de láminas que cando están agrupadas parecen unha pequena maza. Os bordos de élitros e pronoto aparecen case negros e engrosados, e entre ambos élitros acompañados de senllas fileiras punteadas. Os fémures das patas e rebordes ventrais presentan unha pilosidade marcadamente roxa, que co tempo pódese ir perdendo. Os tegumentos son brillantes, de cor pardo avermellado.

O seu tamaño oscila entre 30 e 45 mm.[3]

Dim, da película animada de 1998 Disney/Pixar A Bug's Life, é unha cabraloura coa voz de Brad Garrett.

Distribución[editar | editar a fonte]

A súa distribución é paleártica, atopándose en Europa até o centro da Península escandinava, Asia Central e Occidental e norte de África. Falta nas Illas Británicas.[4]

Hábitat[editar | editar a fonte]

A cabraloura vive na madeira, e as grandes larvas poden atoparse en cotos de madeira podre e nas serraduras. Na marxe da súa distribución, atópase moitas veces en conexión con serradoiros e pistas de carreiras de cabalos.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

A larva da cabraloura, de tipo melolontiforme, desenvólvese de forma natural na madeira, especialmente na madeira en proceso de descomposición, polo que é saproxilófaga, sendo indiferente en canto á especie de árbore aínda que non se localiza nas coníferas.[5] Ademais, especialmente nos lugares máis setentrionais da súa distribución, as larvas localizáronse en moreas de serraduras dos serradoiros, acumulación de detritos vexetais e compost, manifestando unha certa sinantropía.[6] As larvas desenvólvense durante varios anos e alcanzan un tamaño maior que os escaravellos adultos. Estes non necesitan alimentarse durante a súa curta vida, son remisos a emprender o voo dado o alto custo enerxético do mesmo e son de hábitos predominantemente nocturnos.[7][4]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Pupa de Oryctes nasicornis.
Ovo de Oryctes nasicornis.

Recoñécense as seguintes subespecies:

  • Oryctes nasicornis afghanistanicus Endrödi, 1938
  • Oryctes nasicornis birmanicus Dechambre, 1980
  • Oryctes nasicornis chersonensis Minck, 1915
  • Oryctes nasicornis edithae Endrödi, 1938
  • Oryctes nasicornis grypus Illiger, 1803
  • Oryctes nasicornis hindenburgi Minck, 1915
  • Oryctes nasicornis holdhausi Minck, 1914
  • Oryctes nasicornis illigeri Minck, 1915
  • Oryctes nasicornis kuntzeni Minck, 1914
  • Oryctes nasicornis laevigatus Heer, 1841
  • Oryctes nasicornis latipennis Motschulsky, 1845
  • Oryctes nasicornis mariei Bourgin, 1949
  • Oryctes nasicornis ondrejanus Minck, 1916
  • Oryctes nasicornis polonicus Minck, 1916
  • Oryctes nasicornis przevalskii Semenow & Medvedev, 1932
  • Oryctes nasicornis punctipennis Motschulsky, 1860
  • Oryctes nasicornis shiraticus Endrödi & Petrovitz, 1974
  • Oryctes nasicornis transcaspicus Endrödi, 1938
  • Oryctes nasicornis turkestanicus Minck, 1914

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario de sinónimos da lingua galega, Pedro Jareño, María Camiño e Xosé María Gómez Clemente, páxina 153, 1997, Editorial Galaxia.
  2. De Jong, Y.S.D.M. (Versión 2.6). European Commission, ed. "FAUNA EUROPAEA" (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  3. García, Ángel Martínez (2012). "Oryctes (Oryctes) nasicornis (Linnaeus, 1758) (Coleoptera, Dynastidae) en la provincia de Málaga (sur de España)". Boletín de la Sociedad Andaluza de Entomología (20): 34–49. ISSN 1578-1666. 
  4. 4,0 4,1 Martínez, Ángel. "Oryctes nasicornis". Cerambyx, Lucanus y otros… (en español). https://sites.google.com/site/elcerambyx/home. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  5. LÓPEZ COLÓN, J.I. (2003). "Datos sobre la alimentación y distribución ibérica de Oryctes nasicornis grypus Illiger 1803 (Coleoptera, Scarabaeidae, Dynastinae)" (PDF). 
  6. Henderickx, Han. "Insectenfotos.nl Neushoorn kever-Oryctes nasicornis" (en holandés). Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  7. Lequet, André. "L'ORYCTES ou "RHINOCÉROS" (Oryctes nasicornis) !". Les Pages Entomologiques d'André Lequet (en francés). http://www.insectes-net.fr/index.htm. Consultado o 27 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]