Cándido ou o optimismo
Cándido ou o optimismo | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Candide, ou l'Optimisme |
Autor/a | Voltaire |
Ilustrador/a | Jean-Michel Moreau |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Conto filosófico |
Editorial | ![]() ![]() |
Data de pub. | ![]() ![]() |
Páxinas | 172 |
ISBN | ISBN 8483023997 (1999) ISBN 84-9757-184-3 (2005) |
Tradución | Henrique Harguindey |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cándido ou o optimismo[5] (en francés: Candide, ou l'Optimisme) é un conto filosófico publicado polo filósofo ilustrado Voltaire en 1759. Voltaire nunca admitiu abertamente ser o autor da controvertida novela, a cal está asinada co pseudónimo «Monsieur le docteur Ralph» (literalmente, «o señor doutor Ralph»).

Foi traducida ó galego por Henrique Harguindey e foi publicada por Edicións Xerais no ano 1999, con introdución de Herminio Barreiro.[5] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Harguindey dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[6]
Ideas da obra[editar | editar a fonte]
A obra narra, dende un punto de vista sardónico, as peripecias do protagonista Cándido no seu primeiro encontro co precepto do optimismo leibniziano de que «todo sucede para ben neste, o mellor dos mundos posibles» e nunha serie de aventuras subsecuentes que refutan de forma dramática o famoso precepto malia a obstinación coa que o personaxe se aferra a este.
A novela satiriza a filosofía de Leibniz, e é un mostrario dos horrores do mundo do século XVIII. En Cándido, Leibniz está representado polo filósofo Pangloss, titor do protagonista. A pesar de observar e experimentar unha serie de infortunios, Pangloss afirma repetidamente que «tout est au mieux» («todo sucede para ben») e que vive en «le meilleur des mondes possibles» («o mellor dos mundos posibles»).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Wootton (2000), p. 1
- ↑ Aldridge (1975), pp. 251–254
- ↑ Davidson (2005), pp. 52–53
- ↑ Williams (1997), pp. 1–3
- ↑ 5,0 5,1 Cándido ou o optimismo. Traducido por Henrique Harguindey (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 1999. ISBN 8483023997 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Cándido ou o optimismo. Traducido por Henrique Harguindey (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-184-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cándido ou o optimismo ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Aldridge, Alfred Owen (1975). "Voltaire and the Century of Light". Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-06287-0.
- Davidson, Ian (11 de xaneiro de 2005). Voltaire in Exile. Nova York: Grove Press. p. 53. ISBN 0-8021-1791-0.
- Williams, David (1997). Voltaire, Candide. España: Grand & Cutler Ltd. ISBN 0-7293-0395-0.
- Wootton, David (2000). Candide and Related Texts. Hackett Publishing Company, Inc. ISBN 0-87220-547-9.