Bértoa, Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bértoa
Igrexa de Santa María de Bértoa.
ConcelloCarballo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°13′33″N 8°40′40″O / 43.2258, -8.6777Coordenadas: 43°13′33″N 8°40′40″O / 43.2258, -8.6777
Poboación1.559 hab. (2019)
Entidades de poboación25[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Bértoa[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 1559 habitantes (779 mulleres e 780 homes), 85 máis ca en 1999. Ten quince entidades de poboación e unha extensión de 12,05 km².

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María de Bértoa foi construída no século XX e caracterízase por ser de liñas sinxelas. Moi cerca dela érguese un cruceiro cunha cruz de sección circular e textura leñosa, con base octogonal de catro chanzos. Tamén se atopa o cemiterio, no cal reposan os restos do pintor Francisco Miguel nunha sepultura sen inscrición.

O Polígono industrial de Bértoa ocupa un espazo de 74 hectáreas. Sobresaen neste polígono empresas en sectores como o plástico, o automobilismo, o metal e a maquinaria agrícola. A superficie dispoñible incrementarase en 1.272.489 metros cadrados, ata chegar aos 2.000.000 de metros cadrados pola demanda de terreo. Na rotonda de acceso ao polígono encóntrase O Escalo, unha escultura do artista Xosé Manuel Facal, elaborada case na súa totalidade con restos de metal reciclado.

Sábese da existencia das seguintes mámoas:

  • Mámoa do Couto.
  • Mámoa de Queixeiro.
  • Medoña do Francés. No monte das Restrebeiras, ten vinte e cinco metros de diámetro e metro e medio de altura. Está alterada por unha plantación de piñeiros. Ten cono de violación.
  • Mámoa de Pedrarrubia. No monte das Restrebeiras.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bértoa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bértoa no concello de Carballo (A Coruña)

As Airas | O Añón | O Campo | As Carballeiras | A Charrúa | A Cheda | A Corredoira | Entrerríos | O Ferradal | O Fondal | Guilfonxe | Leboreo | Loenzo de Abaixo | Loenzo de Arriba | Mirón | A Ponte | Porto da Rama | Queo de Abaixo | Queo de Arriba | A Rega | Requeixo | O Río de Antelo | O Río de Loenzo | Silvoso | Vista Alegre

Parroquias de Carballo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carballo

Aldemunde (Santa María Madanela) | Ardaña (Santa María) | Artes (San Xurxo) | Berdillo (San Lourenzo) | Bértoa (Santa María) | Cances (San Martiño) | Carballo (San Xoán) | Entrecruces (San Xens) | Goiáns (Santo Estevo) | Lema (San Cristovo) | Noicela (Santa María) | Oza (San Breixo) | Razo (San Martiño) | Rebordelos (San Salvador) | Rus (Santa María) | Sísamo (Santiago) | Sofán (San Salvador) | Vilela (San Miguel)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]