Bugs Bunny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bugs Bunny
Personaxe de Looney Tunes

Bugs Bunny en Falling Hare (1943)
Primeira aparición Porky's Hare Hunt (1938) (prototipo)
A Wild Hare (1940) (oficial)
Creador(es) Tex Avery (personaxe)
Virgil Ross (1ª versión)
Robert McKimson (2ª e 3ª versións)
Voz orixinal Mel Blanc (1940–1989)
Jeff Bergman (1989-1996)
Billy West (actualidade)
Joe Alaskey (actualidade)
Información
Cor de ollos Negros
Inimigos Elmer Fudd
Yosemite Sam
Marvin the Martian
Daffy Duck
Wile E. Coyote
Taz
Familia Ace Bunny (membro dos Loonatics)
Perfil en IMDb

Bugs Bunny é un personaxe de ficción caracterizado como un coello antropomórfico que aparece en varias curtametraxes de animación das series Looney Tunes e Merrie Melodies, producidas por Leon Schlesinger Productions, que mercaría Warner Bros. en 1944. Apareceu en máis de 200 filmes de cine e episodios de televisión. Actualmente, é a mascota corporativa da Warner Brothers, especialmente do seu departamento de animación. É un dos personaxes máis coñecidos no mundo, sendo que, en 2002, foi elixido pola revista TV Guide como o maior personaxe de debuxos animados de todos os tempos.

Segundo o libro Bugs Bunny: 50 years and Only One Grey Hare, xurdiu en 1940, no barrio de Brooklyn, Nova York, creado por Tex Avery, que dirixiu A Wild Hare (1940), a estrea de Bugs Bunny no cine, e Robert McKimson, que creou o deseño definitivo do personaxe. Segundo Mel Blanc, o seu dobrador orixinal, Bugs Bunny ten un acento característico de Flatbush, unha equilibrada mestura entre os dialectos do Condado do Bronx e do Brooklyn. O seu famoso retrouso é a pregunta Que hai de novo, vello?, xeralmente dito mentres mastiga unha cenoria.

Orixe[editar | editar a fonte]

A orixe[1] de Bugs Bunny é un coello chamado Max Hare, deseñado por Charlie Thorson, que apareceu por primeira vez nun deseño de Sally Synphonie chamado The Tortoise and the Hare, dirixido por Wilfred Jackson. Tex Avery, un dos creadores do coello, admitía ter copiado un pouco da personalidade do Max Hare, aínda que no deseño de Avery ficara cun aspecto máis inocente que o coello de Thorson, que acabou encaixando mellor co seu comportamento sarcástico, que toma de Groucho Marx[2]. O xeito no que Bugs morde a súa cenoria co canto da boca tamén recorda moito o xeito no que o comediante fumaba o seu puro. Un dos retrousos máis populares de Bugs Bunny, Of course you know, this means war! ("Por suposto, que saibas que isto significa a guerra") tamén foi inicialmente dito por Groucho, en películas como Duck Soup e Unha noite na ópera.

O nome "Bugs Bunny"[editar | editar a fonte]

Segundo o dobrador Mel Blanc, o personaxe inicialmente ía ser chamado Happy Rabbit, e só despois acabou sendo chamado Bugs Bunny. Charlie Thorson[3] foi o responsable de escoller este nome por causa dun model sheet (papel con modelos de varios ángulos do personaxe) deseñado por Ben Hardaway (que tiña o alcume de Ben "Bugs" Hardaway ou só "Bugs"). Charlie Thorson escribiu na folla dos modelos previos: "Bugs' Bunny" ("o coello de Bugs"), querendo explicar así que os debuxos do coello eran da autoría de Ben "Bugs" Hardaway. Os carteis promocionais feitos a partir de entón para o cine anunciando a curta que estaban producindo rexistraron como oficial o nome de Bugs Bunny para o coello, tamén como unha homenaxe a "Bugs" Hardaway.

Historia[editar | editar a fonte]

Happy Rabbit[editar | editar a fonte]

Happy Rabbit apareceu por primeira vez na curta animada "Porky's Hare Hunt", que se estreou o 30 de abril de 1938. Co-dirixido por Ben Hardaway e Cal Dalton[4] (que era responsable de deseño inicial do coello), esta curta tiña un argumento case idéntico á curta de 1937 "Porky's Duck Hunt" (dirixido por Tex Avery), onde se presentara o personaxe de Daffy Duck. Neste, o deseño do coello aínda era totalmente diferente do que finalmente viría a ser, en vez de ter o pelo de cor gris, era un coello branco, e tiña unha personalidade ben máis atolada, como se fose un parrulo en roupa de coello". O actor de voz americano Mel Blanc foi quen lle puxo voz ao coello, que inicialmente tiña un acento neoiorquino, e que perdeu nas versións posteriores. Blanc inicialmente, tamén lle dera unha risada ao coello (ha, ha, ha, HA, ha!), que máis tarde empregaría para o personaxe Woody Woodpecker de Walter Lantz.

Happy Rabbit tivo a súa segunda aparición en 1939 na curta "Prest-O Change-O" dirixida por Chuck Jones, onde é o coello de compañía dun mago chamado: "Sham-Fu the Magician", e incomoda a dous cachorros que andaban a fochicar no material do mago. A súa terceira aparición foi en 1939 na curta: "Hare-um Scare-um", que foi a primeira na que o coello aparecía de cor gris, en vez de branco.

En "Elmer's Candid Camera", producido por Chuck Jones en 1940, o coello encóntrase por primeira vez con Elmer Fudd. Esta curta foi tamén a última na que o coello deu a risada creada por Mel Blanc, que no mesmo ano pasaría a ser usada para Woody Woodpecker de Walter Lantz no episodio Knock Knock.

Bugs Bunny[editar | editar a fonte]

A primeira aparición oficial do personaxe co nome de "Bugs Bunny" foi na curta "A Wild Hare", dirixida por Tex Avery, con estrea do 27 de xullo de 1940, foi aquí que pronunciou por primeira vez o seu famoso retrouso, "What's up, doc?" (Que hai de novo, vello?) falando con Elmer. O historiador de animación Joe Adamson considera "A Wild Hare" como o primeiro deseño "oficial" do personaxe co nome de "Bugs Bunny". E é tamén o primeiro debuxo animado onde Mel Blanc usa a que sería a "voz estándar" do personaxe.

Nomeamentos aos Oscar e premios[editar | editar a fonte]

Gañou[editar | editar a fonte]

Candidaturas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bugs Bunny: 50 Years and Only One Grey Hare, Joe Adamson (1990), Henry Holt, ISBN 0-8050-1855-7
  • Looney Tunes and Merrie Melodies, Jerry Beck, Will Friedwald (1989), Henry Holt, ISBN 0-8050-0894-2
  • Chuck Amuck: The Life and Times of an Animated Cartoonist Chuck Jones, Farrar Straus & Giroux, ISBN 0-374-12348-9
  • That's Not All, Folks! Mel Blanc, Philip Bashe. Warner Books, ISBN 0-446-39089-5
  • Of Mice and Magic: A History of American Animated Cartoons, Leonard Maltin, ISBN 0-452-25993-2