Tex Avery
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de febreiro de 1908 Taylor |
| Morte | 26 de agosto de 1980 Burbank |
| Causa da morte | cancro de pulmón cancro de fígado |
| Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
| Educación | North Dallas High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema, guionista gráfico, realizador, artista visual, actor de dobraxe, actor, animador, guionista, artista |
| Período de actividade | 1928 |
| Empregador | Paramount Pictures (1941–década de 1940) Metro-Goldwyn-Mayer (década de 1940–1955) Warner Bros. Cartoons (1935–1941) Universal Studios (1929–1935) Winkler Pictures (en) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Patricia Agnes Avery |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon |
| Sitio web | texavery.com |
Frederick Bean "Fred/Tex" Avery, nado en Taylor (Texas) o 26 de febreiro de 1908 e finado en Burbank (California) o 26 de agosto de 1980, foi animador e director de debuxos animados na época de ouro de Hollywood. Creador dos famosos personaxes Bugs Bunny e o pato Lucas (Daffy Duck) na Warner Bros (no edificio Termite Terrace) e logo doutros como o lobo e Droopy para a Metro-Goldwyn-Mayer.
- "In a cartoon you can do anything." - Tex Avery.
- (nun debuxo animado podes facer o que sexa)
Estilo
[editar | editar a fonte]O estilo único de Avery rompía co realismo establecido por Walt Disney. Foi unha influencia para varios estudos, como a Warner, onde se empezaron a saír do molde e realizaron as máis delirantes situacións nun debuxo animado (ás veces parodiando a Disney).
O seu personaxe Rede Hot Riding Hood naceu como unha parodia á carapuchiña vermella de Disney. É unha alporizada e sexy moza. A diferenza da Brancaneves de Disney non foi rotoscopiada, senón que os seus sensuais movementos foron completamente animados a man.