Brooks Sales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brooks Sales
Información persoal
Nacemento 15 de febreiro de 1980 (44 anos)
Bloomfield, Connecticut
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 110 kg (243 lb)
Información da carreira
Universidade Villanova
Carreira 20042012
Historial de equipos
Pallacanestro Biella (2002−2004)
Teramo Basket (2004−2005)
Pau Orthez (2005−2006)
Beşiktaş Cola Turka (2006−2007)
Benfica (2007)
Snaidero Udine (2007−2008)
Maccabi Haifa (2008−2009)
Ironi Ashkelon (2009−2010)
Atomerőmű (2010−2011)
Leite Río Breogán (2011−2012)

Brooks Sales, nado o 15 de febreiro de 1980 en Bloomfield, Connecticut, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na Universidade de Villanova, xogou nas principais ligas de Europa, así como na Euroliga e a ULEB Cup. Xogaba na posición de pivota cunha altura de 2,08 metros. É irmán de Nykesha Sales , unha coñecida xogadora de baloncesto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brooks Sales formouse na universidade de Villanova,[1] o último ano ás ordes do adestrador Jay Wright. Ao rematar a súa andaina na NCAA xogaría o campus de verano da NBA cos Indiana Pacers e os Memphis Grizzlies. Posteriormente comezaría a súa andaina en asinando contrato co Pallacanestro Biella da Lega Basket Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, con medias durante dous anos de 11 puntos e 7 rebotes por encontro.

En 2004 volvería a xogar nas ligas de verán da NBA, esta vez con Orlando Magic e San Antonio Spurs, e posteriormente co campus de veteráns do Houston Rockets Ao ano seguinte asinaría co Teramo Basket da mesma competición, onde melloraría os seus números até ser o cuarto mellor xogador da liga en valoración e o segundo máximo reboteador. O seu bo rendemento en Italia o ano anterior serviríalle para asinar en 2005 co Pau Orthez da LNB francesa, co que xogaría tamén na Euroliga, competición na que fixo preto de 10 puntos e 6 rebotes por encontro.

Ao ano seguinte continuaría a xogar en competicións europeas, esta vez da man do turco Beşiktaş. Ao rematar a liga turca, xogaría o final da liga e os playoffs da liga portuguesa co Benfica. Posteriormente regresaría de novo a Italia, esta vez ao Udine, para posteriormente marchar á Ligat ha'Al, principal competición do baloncesto israelí. Alí xogaría un primeiro ano co Maccabi Haifa e o segundo co Ironi Ashkelon. Na tempada 2010-11 xogaría co Atomerőmű de Hungría, onde fixo unha media de 18,5 puntos e 10 rebotes. En 2011 converteríase na última fichaxe do Club Baloncesto Breogán para pechar o seu cadro de xogadores 2011−2012. Tras finalizar a temporada, Sales retirouse do baloncesto como xogador.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]