Broforce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Broforce
Desenvolvedor(es)Free Lives
Distribuidora(s)Devolver Digital
Director(es)Evan Greenwood
Produtor(es)Shaz Greenwood
Deseñador(es)Evan Greenwood
Dorianne Dutrieux
Programador(es)Evan Greenwood
Ruan Rothmann
Richard Pieterse
Artista(s)Jarred Lunt
Dawid Strauss
Filip Orekhov
Jonathan Hau-Yoon
Dorianne Dutrieux
Duncan Greenwood
Philipe Rios
Compositor(es)Deon van Heerden
MotorUnity
LanzamentoWindows, OS X - 15 de outubro de 2015
Linux - 17 de outubro de 2015
PlayStation 4- 1 de marzo de 2016
XéneroPlataformas
Modos de xogoUn xogador / Multixogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, OS X, Linux, PlayStation 4
Na rede
http://www.broforcegame.com
IMDB: tt3828038 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Broforce é un videoxogo de plataformas de desprazamento horizontal desenvolvido por Free Lives e publicado por Devolver Digital. O desenvolvemento comezou en abril de 2012 como parte dunha entrada para unha sesión improvisada de creación de videoxogos que continuou posteriormente polo apoio que recibiu, publicado como un xogo en Early Access. Publicouse o 15 de outubro de 2015 para Microsoft Windows e OS X, cunha adaptación para Linux dous días despois. O 1 de marzo de 2016 publicouse unha versión do xogo para a consola PlayStation 4.

Mecánica de xogo[editar | editar a fonte]

O personaxe do xogador é un bro, un heroe de acción hipermasculino que loita contra terroristas e rescata ós seus compañeiros bros e a prisioneiros de guerra por varios niveis do xogo,[1] que teñen ambiente destrutibles.[2] Os niveis finalizan cando o xogador derrota ó xefe do mesmo, izando unha bandeira estadounidense e marchando do nivel nun helicóptero mentres o escenario estoupa en anacos.[2]

O xogador pode escoller entre varios personaxes inicialmente, desbloqueando máis segundo vai rescatando un número determinado de prisioneiros de guerra. Estes personaxes, baixo a dirección de "Nelson Brodela" (parodia de Nelson Mandela),[3] son parodias de heroes de acción, incluíndo a John Rambo, John McClane de Die Hard, Chuck Norris, Mr. T, Ellen Ripley de Alien, ou Terminator entre outros.[1][2][4] O xogador non ten control sobre o personaxe co que comeza o nivel, e cada vez que morre ou rescata a un prisioneiro cambia a outro personaxe de forma automática. Cada un dos personaxes ten ataques e movementos únicos baseados no heroe de ficción que representan.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Animación dun dos niveis do xogo

Free Lives enviou Rambros en abril de 2012 para a sesión de improvisación de videoxogos número 23 da Ludum Dare.[1][2][5] Gañou o primeiro premio da mesma, recibindo comentarios positivos que levaron o equipo a continuar o proxecto.[1] Os desenvolvedores consideraron engadir un modo de xogo cooperativo con outro personaxe adicional chamado Brommando, que se converteu no concepto principal do xogo final de rescatar os "bros" cunha "sensación de filme de acción violento".[1]

A inspiración do xogo parte da afección do director do xogo, Evan Greenwood, polos filmes de acción dos anos 1980 e 1990, dando lugar a estética, temática e mecánicas do xogo.[1][1] Greenwood cualificou a Broforce como un "retrato amoroso dos heroes de acción".[1] En xullo de 2013 Greenwood comentou que o seu equipo quería construír unha ópera espacial con elementos do xénero roguelike, alieníxenas do estilo do Contra, e explosións entre outros elementos.[1]

Unha demo gratuíta do xogo titulada "Brototype" foi publicada na páxina web da desenvolvedora, cunha mostra da mecánica de xogo pero sen incluír elementos da narrativa.[1] O xogo aprobouse no sistema de Steam Greenlight o 24 de xullo de 2013,[6] e publicouse en Early Access o 7 de abril de 2014.[7]

En agosto de 2014, publicouse unha expansión baseada no filme The Expendables 3 chamada The Expendabros, e posteriormente pasou a ser free to play ata o 31 de decembro dese mesmo ano como promoción do filme.[8][9]

Recepción[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
Metacritic83/100[10]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
IGN8.8/10[11]
PC Gamer (US)78/100[12]
The Escapist4.5/5 estrelas[13]

Jeeffrey Matulef, de Eurogamer, describiu o xogo como "unha homenaxe ós videoxogos retro adictiva dende o primeiro momento", destacando os ambientes destrutibles do mesmo.[2] IGN deulle unha puntuación de 8,8 sobre 10,[11] mentres que PC Gamer outorgoulle unha puntuación de 78%."[12] The Escapist deulle unha valoración de catro estrelas e media sobre cinco, afirmando que "Broforce é unha parva, pero sincera carta de amor ós filmes de acción icónicos, refinado ata a perfección con ambientes ricos e inimigos creados de forma marabillosa."[13]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Corriea, Alexa Ray (5 July 2013). "Copia arquivada". Polygon. Vox Media. Arquivado dende o orixinal o 09/07/2013. Consultado o 19/01/2017.  |title= e |título= redundantes (Axuda); |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Matulef, Jeffrey (6 September 2012). "Copia arquivada". Eurogamer. Gamer Network. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2012. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.  |title= e |título= redundantes (Axuda); |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)
  3. Kim, Ben (3 de xuño de 2013). "Nelson Brodela leads the Broforce onto Greenlight". PC Gamer. Future Publishing. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  4. Smith, Adam (25 de xuño de 2013). "No Emotions, Just Explosions: Broforce!". Rock, Paper, Shotgun. Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  5. "Copia arquivada". Ludum Dare. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.  |title= e |título= redundantes (Axuda); |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)
  6. "Deadly Premonition and 13 other games greenlit on Steam". Eurogamer. 24 de xullo de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013. 
  7. Corriea, Alexa Ray (3 de abril de 2014). "Copia arquivada". Polygon. Vox Media. Arquivado dende o orixinal o 07/04/2014. Consultado o 19/01/2017.  |title= e |título= redundantes (Axuda); |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)
  8. Jorge López. "Noticias broforce: Broforce muestra su nueva expansión, The Expendabros". IGN España (en castelán). 
  9. "Steam Community :: Group Announcements :: Broforce" (en inglés). 
  10. "BROFORCE Critic Reviews for PC". Metacritic. CBS Interactive. Consultado o 4 July 2016. 
  11. 11,0 11,1 Reilly, Luke (19 October 2015). "Broforce Review – Get to the chopper.". IGN. IGN Entertainment. Consultado o 20 October 2015. 
  12. 12,0 12,1 Skrebels, Joe (19 October 2015). "Broforce review". PC Gamer. Future US. Consultado o 20 October 2015. 
  13. 13,0 13,1 Lemon, Marhsall (15 October 2015). "Copia arquivada". The Escapist. Defy Media. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2020. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.  |title= e |título= redundantes (Axuda); |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]