GOG.com

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Good Old Games»)
GOG sp. z o.o.
Logo de 2008 a 2014
LinguasInglés, alemán, francés, polaco, ruso, chinés simplificado
PropietarioCD Projekt
Lanzamento0 de 0 de 2008; hai 16 anos (2008-00-00)
Na rede
www.gog.com
Facebook: gogcom Twitter: gogcom Twitch: gogcom GitHub: gogcom Editar o valor em Wikidata

GOG.com (anteriormente Good Old Games) é unha plataforma de distribuición dixital para videoxogos e películas. É operado por GOG sp. z o.o., unha subsidiaria propiedade de CD Projekt con sede en Varsovia, Polonia.[1][2] GOG.com ofrece videoxogos libres DRM a través da súa plataforma dixital, dispoñible para Microsoft Windows, macOS e Linux.[3][4]

Características[editar | editar a fonte]

Os bens dixitais (videoxogos e filmes) poden ser comprados, descargados en liña e distribuídos sen xestión de dereitos dixitais.[5] Os produtos dixitais de GOG.com entregarse a outras persoas a través de certificados de regalo canxeables.[6]

O usuario non ten que instalar un cliente de software especial para descargar ou executar os xogos,[7] aínda que esta dispoñible un xestor de descargas, que se eliminará gradualmente,[8] e GOG Galaxy. Despois da descarga, o consumidor é libre de usar o software para calquera uso persoal como instalalo en múltiples dispositivos,[9] gardalo en calquera medio de almacenamento persoal por tempo ilimitado, modificalo e parchéalo; coa restrición de que non se pode revendelo nin compartilo.[10] Os instaladores son tecnicamente independentes da conta do cliente, aínda que están suxeitos ao EULA de GOG.com, onde utilizase a formulación "con licenza, non vendido".[10] O modelo "con licenza, non vendido" frecuentemente expón dúbidas sobre a propiedade dos bens dixitais.[11] Na Unión Europea, o Tribunal Europeo de Xustiza sostivo que un titular dos dereitos de copyright non pode opoñerse a revenda de software dixital, de acordo coa regra de esgotamento dos dereitos de autor na primeira venda cando se transfire a propiedade, polo tanto cuestiona o EULA "con licenza, non vendido".[12][13][14][15][16][17]

Xunto cos xogos, os compradores tamén poden descargar numerosos materiais extra relacionados co xogo que compraron. Poden incluír neses extras a banda sonora orixinal do xogo (en parte como FLAC),[18] fondos de pantalla, avatares, e manuais. GOG.com tamén ofrece atención ao cliente para todas as compras e garantía de devolución do diñeiro nos primeiros 30 días.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Company-reorganization". GOG.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2017. 
  2. "Shape your career with GOG.com". GOG.com. Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 
  3. Nunneley, Stephany (24 de marzo de 2012). "GoG.com to become "bigger, fresher, newer" on March 27". VG24/7. Consultado o 9 de novembro de 2014. 
  4. Vilches, Jose (19 de outubro de 2012). "Good Old Games brings all-time classics to the Mac". TechSpot. Consultado o 5 de decembro de 2012. 
  5. Caron, Frank (25 de setembro de 2008). "Good Old Games and the 'idiocy' of DRM". Ars Technica. Consultado o 27 de setembro de 2008. 
  6. Website Help Gift certificates en GOG.com
  7. Caron, Frank (9 de setembro de 2008). "First look: GOG revives classic PC games for download age". Ars Technica. Consultado o 27 de setembro de 2008. 
  8. "GOG Galaxy FAQ". Consultado o 14 de maio de 2015. 
  9. "GOG.com FAQ". GOG.com. 27 de decembro de 2014. Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  10. 10,0 10,1 Academia.edu
  11. Walker, John (1 de febreiro de 2012). "Thought: Do We Own Our Steam Games?". Rock, Paper, Shotgun. Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  12. Purewal, Jas. "The legality of second hand software sales in the EU". gamerlaw.co.uk. (mirror on gamasutra.com)
  13. hg/mz (AFP, dpa) (3 de xullo de 2012). "Oracle loses court fight over software resale rules". Deutsche Welle. Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  14. Voakes, Greg (3 de xullo de 2012). "European Courts rule in Favor of Consumers reselling downloaded Games". Forbes. Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  15. "Judgment of the Court (Grand Chamber)". InfoCuria – Case-law of the Court of Justice. 3 de xullo de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  16. Timothy B. Lee (3 de xullo de 2012). "Top EU court upholds right to resell downloaded software". Ars Technica. 
  17. "EU Court OKs Resale of Software Licenses". ABC News. Associated Press. 
  18. Devore, Jordan (31 de xaneiro de 2014). "How nice: GOG.com adds 31 FLAC soundtracks". Destructoid. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 17 de xuño de 2014. 
  19. Griffiths, Daniel Nye (9 de decembro de 2013). "Good Guy GOG? Online Games Merchant Offers Money-Back Guarantee". Forbes. Consultado o 29 de decembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]