Saltar ao contido

Brigitte Vasallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBrigitte Vasallo

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, activista, filósofa Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioBrigitte Vasallo Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8504839 Facebook: brigittevasallo Twitter: La_Vasallo BNE: XX5589426 Dialnet: 4804393 Editar o valor en Wikidata

Brigitte Vasallo, nada en Barcelona en 1973 é unha escritora, profesora e activista galega, coñecida especialmente pola súa crítica da islamofobia de xénero, a denuncia do purplewashing e o homonacionalismo, así como pola análese e redifición da monogamia en tanto que sistema de organización social.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla dunha familia galega migrada a Francia e despois a Cataluña, reivindica a súa identidade xarnega[1] e da diáspora[2]. Viviu boa parte da súa vida adulta en Marrocos, o que lle permitiu adquirir unha perspectiva do pensamento etnocéntrico e colonial hexemónico da sociedade occidental.[3][4]

Colabora habitualmente con diversos medios de comunicación como eldiario.es, Catalunya Ràdio, Diagonal, La Directa ou Pikara Magazine, ademais de impartir numerosas conferencias. Así mesmo, é docente do Màster de Gènere i Comunicació da Universidade Autónoma de Barcelona.[5]. Dende 2022 reside en Chandrexa de Queixa[6].

A obra de Brigitte Vasallo estrutúrase ao redor de dous eixos principais. Por unha banda, analiza a interseccionalidade entre o racismo e a misoxinia, particularmente sobre como afecta as mulleres musulmás.[7] Neste sentido, denuncia o purplewashing e o pinkwashing, ou como se instrumentaliza o feminismo e os dereitos LGBTI para xustificar a xenofobia, deixando de ser fins en si mesmos.[8][9]

Doutra banda, valora outras formas de relacionarse afectivamente, á parte da tradicional monogamia, que superen a fidelidade como un modo de posesión e o amor como un ben limitado.[10][11] Con todo, tamén advirte de como o neoliberalismo pode apropiarse do poliamor desde unha perspectiva individualista que reproduza as estruturas de poder herdadas e que converta en obxectos as persoas e os seus corpos como un produto de consumo máis.[12]

  • Pornoburka: desventuras del Raval y otras f(r)icciones contemporáneas (2013).[13][14]
  • Pensamiento monógamo, terror poliamoroso. Editorial La Oveja Roja.
  1. Aula Oberta. Saber, hacer, comprender. Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. 14 de febreiro de 2017.
  2. Vassalo, Brigitte (9 de decembro de 2022). "Limiar: Un vir que se sinte volver". Praza Pública. 
  3. Brigitte Vasallo: "El pensamiento monógamo genera identidades cerradas que operan con violencia". Diagonal. 10 de febreiro de 2016.
  4. Brigitte Vasallo: “Pensar que el burka es patriarcal y que las mujeres no tienen manera de redomarlo es una mirada colonial”. AraInfo. Diario Libre d'Aragón. 8 de decembro de 2014.
  5. Docents. Arquivado 01 de setembro de 2017 en Wayback Machine. Màster en Gènere i Comunicació. UAB.
  6. "Brigitte Vasallo". Praza Pública. 
  7. Burkas en el ojo ajeno: el feminismo como exclusión. Pikara Magazine. 4 de decembro de 2014.
  8. Del pornoburka al purplewashing, los trucos más sucios contra el feminismo. El Confidencial. 3 de abril de 2016.
  9. Conchita Wurst y los peligros del homonacionalismo. Diagonal. 21 de maio de 2014.
  10. Romper la monogamia como apuesta política. Pikara Magazine. 22 de marzo de 2013.
  11. #OccupyLove: por una revolución de los afectos. Diagonal. 5 de febreiro de 2014.
  12. El poliamor ‘is the new black’. Pikara Magazine. 22 de outubro de 2014.
  13. Vasallo, Brigitte (2013). Pornoburka : desventuras del Raval y otras f(r)icciones contemporáneas. Ediciones Cautivas. ISBN 978-84-616-6174-9. 
  14. El Raval, sin imposturas. La Marea. 28 de novembro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]