Interseccionalidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A interseccionalidade é o estudo das identidades sociais solapadas ou intersectadas e os seus respectivos sistemas de opresión, dominación ou discriminación. É un termo acuñado en 1989 pola activista e académica Kimberlé Williams Crenshaw. A teoría suxire e examina como varias categorías biolóxicas, sociais e culturais como o xénero, a etnia, a raza, a clase, a discapacidade, a orientación sexual, a relixión, a caste, a idade, a nacionalidade e outros eixos de identidade interaccionan en múltiples e a miúdo simultáneos niveis. A teoría propón que debemos pensar en cada elemento ou trazo dunha persoa como unido de maneira inextricable con todos os demais elementos, para poder comprender de forma completa a propia identidade.[1] Este marco pode usarse para comprender como ocorre a inxustiza sistemática e a desigualdade social desde unha base multidimensional.[2]

A interseccionalidade mantén que as conceptualizacións clásicas de opresión na sociedade –como o racismo, o sexismo, o capacitismo, a homofobia, a transfobia, a xenofobia e todos os prexuízos baseados na intolerancia– non actúan de maneira independente, senón que estas formas de exclusión están interrelacionadas, creando un sistema de opresión que reflicte a intersección de múltiples formas de discriminación.[3]

A interseccionalidade é un paradigma importante no ámbito académico, ampliando os conceptos de xustiza social ou demografía, aínda que á súa vez pode dificultar a análise ao incluír múltiples conceptualizacións que explican o modo con que se constrúen categorías sociais e a súa interacción para formar unha xerarquía social.[4] Por exemplo, a intersecionalidade sostén que non hai ningunha experiencia singular propia dunha identidade. En lugar de entender a saúde das mulleres soamente a través do xénero, é necesario considerar outras categorías sociais, como a clase, a discapacidade, a nacionalidade ou a etnia para entender por completo a gama de problemas de saúde das mulleres.

A teoría da interseccionalidade tamén suxire que o que parecen ser formas discretas de expresión e opresión están moldeadas por outras nunha relación mutuamente constitutiva (como negro/branco, muller/home ou homosexual/heterosexual).[5] [6]De maneira que para comprender a racialización dos grupos oprimidos, débese investigar as maneiras nas que as estruturas racializadoras, os procesos sociais e as representacións sociais (ou as ideas implicadas en representar grupos e os membros dos grupos na sociedade) están conformadas polo xénero, a clase, a sexualidade, etc.[7] Aínda que a teoría comezou como unha exploración da opresión das mulleres de cor na sociedade estadounidense, hoxe a análise ten o potencial de ser aplicado a todas as categorías, incluídos aqueles status que a miúdo son vistos como dominantes ou autónomos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en inglés) Gender in Communication. Sage. ISBN 978-1-4522-2009-3. 
  2. (en inglés) "Demarginalizing the Intersection of Race and Sex: A Black Feminist Critique of Antidiscrimination Doctrine, Feminist Theory and Antiracist Politics" 140. 
  3. (en inglés) Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  4. (en inglés) Browne, Irene; Misra, Joya. "The intersection of gender and race in the labor market". Annual Review of Sociology (Annual Reviews) 29: 487–513. 
  5. "Lo normal no tiene nombre.". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  6. Somerville, Siobhan B. (2000). Queering the color line : race and the invention of homosexuality in American culture. Durham [NC]: Duke University Press. ISBN 9780822378761. OCLC 654549343. 
  7. (en inglés) "An intersectional analysis of lesbian, gay, bisexual, and transgender (LGBT) people's evaluations of anti-queer violence" 26 (6). SAGE Publications.