Hexemonía cultural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte da serie sobre
Marxismo
Karl Marx.jpg
Conceptos fundamentais
Alienación
Burguesía
Comunismo
Explotación
Forzas produtivas
Hexemonía cultural
Loita de clases
Materialismo dialéctico
Materialismo histórico
Medios de produción
Modo de produción
Plusvalía
Proletariado
Relacións de produción
Teoría do valor-traballo
Outras ligazóns
Marxismo
Economía marxista

A hexemonía cultural é un concepto da filosofía marxista que designa a dominación da sociedade, culturalmente diversa, pola clase dominante, cuxa cosmovisióncrenzas, moral, explicacións, percepcións, institucións, valores ou costumes— convértese na norma cultural aceptada e na ideoloxía dominante, válida e universal. A hexemonía cultural xustifica o status quo social, político e económico como natural e inevitable, perpetuo e beneficioso para todo o mundo, en lugar de presentalo como un constructo social artificial que beneficia unicamente á clase dominante.[1][2]

En filosofía e sociología, o termo hexemonía cultural ten connotacións derivadas da palabra grega ἡγεμονία, que indica liderazgo e goberno. En política, hexemonía é o método xeopolítico de dominación imperialista indirecta, no que o estado hexemónico goberna a outros estados subordinados, baixo a ameaza de intervención como un medio implícito de poder, máis que pola forza militar directa (invasión, ocupación ou anexión).[3]

A hexemonía cultural é un termo desenvolvido por Antonio Gramsci para analizar as clases sociais e a superestrutura. Propuña que as normas culturais vixentes dunha sociedade son impostas pola clase dominante (hexemonía cultural burguesa), de maneira que non deberían percibirse como naturais ou inevitables, senón recoñecidas como unha construción social artificial e como instrumentos de dominación de clase. Esta práctica sería indispensable para unha liberación política e intelectual do proletariado, reivindicando e creando a súa propia cultura de clase.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bullock, Alan; Trombley, Stephen, Editors (1999), The New Fontana Dictionary of Modern Thought Third Edition, pp. 387–88.
  2. The Columbia Encyclopedia, Fifth Edition. (1994), p. 1215.
  3. Ross Hassig, Mexico and the Spanish Conquest (1994), pp. 23–24.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]