Ana Requena
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora |
Ana Requena Aguilar, nada en Madrid en 1984, é unha xornalista española. Foi confundadora en 2012 de eldiario.es onde dende setembro de 2018 é redactora xefa de xénero. En 2014 creou o blog "Micromachismos" polo que recibiu varios premios. Como escritora é autora do libro Feminismo Vibrante. Si no hay placer no es nuestra revolución.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Madrid mais criouse en Albacete. Regresou á capital para estudar xornalismo na Universidade Complutense de Madrid onde realizou a súa tesiña final sobre xornalismo con perspectiva de xénero. Licenciada en 2005 realizou as súas primeiras prácticas en Radio Nacional de España en Albacete, en 2006 traballou no equipo de comunicación de INSTRAW na República Dominicana. De 2007 a 2008 foi redactora de AmecoPress, unha axencia de información con perspectiva de xénero da Asociación de Mulleres dos Medios de Comunicación (AMECO). En xullo de 2008 incorporouse ao xornal Público como redactora da sección de economía, onde traballou até 2012 cando deixou de publicarse a súa edición en papel. En agosto de 2012 participou na fundación do eldiario.es onde nun principio traballou como redactora de economía. Durante os últimos anos dedicouse a cubrir asuntos relacionados co mercado de traballo, a conciliación e os coidados, a violencia machista, os dereitos sexuais e reprodutivos ou as relacións persoais con perspectiva de xénero. En febreiro de 2014 lanzou o blog "Micromachismos"[2] para falar de machismo diario e denunciar situacións de desigualdade e discriminación do que é coordinadora.[3][4]
En marzo de 2018 foi unha das impulsoras do movemento "As xornalistas paramos" creado ao redor da convocatoria da folga internacional das mulleres do 8 de marzo.[5]
En setembro de 2018 foi nomeada redactora xefa de xénero de eldiario.es, un novo cargo no xornal dixital para coordinar e achegar información sobre igualdade, xénero e feminismo.[6]
Dende setembro de 2018 é colaboradora de varios programas de televisión, como La mañana de La 1 de TVE.[7] É coordinadora de Nidos, a sección sobre novas familiares, crianza, coidados e conciliación de eldiario.es.
Libros
[editar | editar a fonte]- Las voces del 15M. (2011) Coautora. Libros del lince.[8]
- Cómo identificar los micromachismos. (2018) Editorial Txalaparta.[9]
- Feminismo vibrante. Si no hay placer no es nuestra revolución. (2020) Roca Editorial.[10]
- Intensas (2023) Roca Editorial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Feminismo Vibrante. Si no hay placer no es nuestra revolución".
- ↑ "Ana Requena: "Los 'micromachismos' son conductas y comportamientos machistas que están normalizados"". El Objetivo. laSexta.com. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ "Ana Requena Aguilar". eldiario.es. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ "Ana Requena: "El trabajo a tiempo parcial está feminizado"". laSexta.com. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ "Ana Requena Aguilar". www.lastop100.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ "eldiario.es refuerza su equipo". eldiario.es. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ "La Mañana - 03/09/18 - RTVE.es". 3 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ Las Voces del 15-M. Los Libros del Lince. 2011. ISBN 9788415070122. OCLC 804793960. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ Ana., Requena (2018). Cómo identificar los micromachismos. Continta Me Tienes. ISBN 9788494793820. OCLC 1041465327. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ Sáenz de Ugarte, Iñigo (2020-10-11). "Ana Requena: "La vergüenza es un mecanismo muy potente que tiene el patriarcado para doblegar a las mujeres"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Requena |