Loctudy
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Bretaña | ||||
| Departamento | Finistère | ||||
| Capital | Loctudy (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.075 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | área de concentración metropolitana de Kemper Q3551104 | ||||
| Superficie | 12,73 km² | ||||
| Altitude | 0 m-17 m-9 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Serge Guilloux (2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 29750 | ||||
| Sitio web | loctudy.fr | ||||
Loctudy (en bretón: Loktudi), é unha cidade e comuna francesa, situada na rexión da Bretaña, departamento de Finistère, no distrito de Quimper e no cantón de Guilvinec.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Ano | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Poboación | 3238 | 3410 | 3544 | 3560 | 3622 | 4161 |
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome provén de lok que significa lugar santo ou consagrado e de Tudy, do nome do santo fundador da primeira comunidade cristiá local do século V. Propúxose a equivalencia entre Saint Tudy e Saint Tugdual. O topónimo coincide en francés e bretón (Loctudy e Loktudi) pero as letras "c" e "y" non existen nesta lingua.
- Praia de Lodonnec coa marea baixa; ao fondo, a punta de Kerafédé.
- Herba da Pampa, especie invasora en Bretaña e en Galiza, crecendo nun espazo natural preto de Tréguido.
- As rochas de Enizan vistas desde a duna que bordea a praia de Sables Blancs en Loctudy.
- A praia de Sables Blancs que se estende até Lesconil vista desde a Pointe du Cosquer.
- Plage des Sables Blancs: retroceso da duna baixo a acción da erosión a pesar das medidas de protección adoptadas.
- A senda de longo percorrido GR34 no alto da duna que bordea a praia de Sables Blancs; ao fondo Lesconil.
- O pólder de Ster Kerdour (antiga marisma) e unha lagoa (conca da lagoa que recibe auga de drenaxe).
Irmandamento
[editar | editar a fonte]O concello de Loktudi está irmandado desde 2018 con Ribadeo,[1] que é un dos vinte e un concellos galegos irmandados con localidades bretoas[2] (hai máis localidades bretoas, xa que Cambados está irmandado con seis localidades da baía do Mont-Saint-Michel).[3] Constituíuse tamén a Asociación de Amizade Ribadeo-Loctudy.[4]
Loktudi tamén está irmandado con Fishguard-Goodwick en Pembrokeshire, País de Gales.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ribadeo (Galice)". Loctudy (en francés). Consultado o 2022-06-30.
- ↑ Jct (2012-03-04). "Amigos de la Cultura Celta: Hermanamientos entre Galicia y Bretaña". Amigos de la Cultura Celta (en castelán). Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "Cambados se va de intercambio". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-01-17. Consultado o 2022-06-30.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy ; Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "Fishguard-Goodwick (Pays de Galles)". Loctudy (en francés). Consultado o 2022-06-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Loctudy |
| A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- INSEE
- Eleccións municipais de 2008 Arquivado 12 de marzo de 2008 en Wayback Machine.

