Festa Marítima Internacional de Brest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
barcos na edición de 2004

A Festa Marítima Internacional de Brest (Les tonnerres de Brest ou Fêtes maritimes de Brest) é unha concentración marítima de ámbito mundial que se realiza na cidade bretoa de Brest cada catro anos desde 1992.

Céntrase na navegación tradicional e nos veleiros clásicos. En 2008, e segundo a organización, houbo 25 nacións representadas, 2000 veleiros tradicionais ou clásicos, 50 grandes veleiros, 15000 mariñeiros e 300 expositores[1].

Participación de Galicia[editar | editar a fonte]

A edición de 2008 ten como país convidado de honra a Galicia, xuntamente con Noruega, Vietnam, Madagascar e Croacia. Galicia acudiu cunha delegación de 25 embarcacións representativas das diversas tipoloxías dos mares e ríos de Galicia e do Norte de Portugal organizada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. A relación de embarcacións asistentes:[2]

  • unha barca de paso de río
  • un bote de Carril, o "4 de Outubro"
  • un bote de Cesantes, o "Búrbida"
  • un bote de instrución da Mariña
  • un bote de Ribadeo, o "Trebón"
  • un bote de Vigo, o "Barola"
  • un bote xeiteiro de Bueu, "Os Galos"
  • unha buceta, a "Fanequeira"
  • unha catraia de Viana de Castelo "Nosa Sra. Agonía"
  • unha dorna de tope, a "Peza de Rabo"
  • unha dorna meca, a "Meca"
  • unha dorna xeiteira, a "Jatiña"
  • dous galeóns, o "Punta Pragueira" e o "Casilda"
  • unha gamela coruxeira, a "Punta Helena"
  • unha gamela da Garda, a "Asodiña"
  • seis dornas polbeiras, a "Moura", a "Xarandeira", a "Maristela", a "Doa", a "Lura" e máis a "Caramecha"
  • dúas lanchas xeiteiras, a "Nova Marina" e a "Pescadoira"
  • unha traíña, a "Vig05"
  • o barco de vapor "Hidria II" [3]

O día de Galicia no evento foi o 16 de xullo, na que se botou unha dorna que se rematou de construír en Brest e realizouse un desfile de toda a frota galega.[4]

Unha goleta de 1924 con base en Eivissa afundiu ó chegar a Brest[5]. Non formaba parte da delegación galega, pero fixera escala en Vigo na súa viaxe cara a Brest.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]