Boticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBoticas
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°41′N 7°40′O / 41.68, -7.67Coordenadas: 41°41′N 7°40′O / 41.68, -7.67
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Vila Real Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.750 (2011) Editar o valor em Wikidata (17,86 hab./km²)
Xeografía
Superficie321,96 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude501 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónSanta María Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5460 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico276 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-boticas.pt Editar o valor em Wikidata

Boticas é unha vila portuguesa pertencente ao distrito de Vila Real, na rexión Norte, subrrexión do Alto Trás-os-Montes, e comunidade intermunicipal do Alto Tâmega, que contaba con 1 280 habitantes (censo de 2011).[1]

Xunto co concello Montalegre, forma a comarca das Terras de Barroso.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Casas tradicionais da vila de Boticas.
Boticas. Á esquerda, un espigueiro (hórreo); á dereita, monumento ao Guerreiro Galaico-Lusitano.

Boticas é a sede dun municipio de 321,96 km² de superficie,[2] e 5 750 habitantes (censo de 2011),[1] subdividido en 10 freguesías.[3]

Límites[editar | editar a fonte]

O municipio está limitado ao oeste e o noroeste polo municipio de Montalegre, ao leste por Chaves, ao sueste por Vila Pouca de Aguiar, ao sur por Ribeira de Pena e ao suroeste por Cabeceiras de Basto.

O concello foi creado en 1836 por desmembramento do de Montalegre.

Poboación[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación 1864-2011 [4]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
9 388 9 933 10 133 10 982 10 937 10 338 11 154 11 786 13 247 14 481 10 925 8 773 7 936 6 417 5 750
Número de habitantes por idades 1900-2011 [5]
1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
0-14 anos 3 520 3 589 3 354 3 499 4 093 4 472 5 344 3 290 2 220 1 561 821 581
15-24 anos 1 868 1 858 1 864 1 905 2 077 2 395 2 311 1 775 1 507 1 141 819 499
25-64 anos 4 672 4 479 4 369 4 448 4 704 5 420 5 825 4 640 3 710 3 718 3 046 2 843
> 65 anos 553 678 643 819 817 806 1 001 1 220 1 336 1 516 1 731 1 827

Freguesías do concello de Boticas[editar | editar a fonte]

Freguesías do concello de Boticas.

O concello de Boticas está dividido en 10 freguesías:[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Boticas é unha vila de orixe romana. Os romanos construíron alí a cidade de Batocas, explotando minas e as famosas Termas de Carvalhelhos, das que se di que teñen augas milagrosas.

Economía[editar | editar a fonte]

O sector primario é o máis importante do concello de Boticas, sendo o que emprega a maioría da poboación.[6]

Outros datos[editar | editar a fonte]

  • As Termas de Carvalhelhos, a 26 km da estación termal de Vidago, e a 32 km de Chaves, cuxas augas, que xorden a elevada temperatura, foron xa explotadas polos romanos.
  • Un dos puntos de maior interese a nivel turístico é o "Centro de Artes Nadir Afonso", que alberga unha importante colección de obras deste artista.
  • O concello está situado entre montañas cheas de castiñeiros e carballos, as árbores máis características da rexión.
  • Na súa gastronomía, propia da rexión barrosá de Boticas, destacan o xamón, a troita recheada de Boticas, os fumeiros (carnes xeralmente de porco, expostas ao fume para a súa conservación), e a vitela barrosá.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

O concello de Boticas está irmandado cos seguintes vilas:[7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia" (tabelas anexas ao documento).
  2. Instituto Geográfico Português, Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013 Arquivado 09-12-2013 en Wayback Machine..
  3. 3,0 3,1 Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I.
  4. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE -publicacões.
  5. INE - Censos.
  6. Gazeta Rural nº 261 (15 de decembro de 2015), páx. 5.
  7. "Geminações de Cidades e Vilas. Boticas.". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 02 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]