Alto Tâmega
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| NUTS 1 | Portugal continental | ||||
| Rexión | Rexión Norte | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 2.921,92 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Código NUTS | PT11B | ||||

O Alto Tâmega, tamén designado como Comunidade intermunicipal do Alto Tâmega ou CIM Alto Tâmega, é unha comunidade intermunicipal constituída o 15 de outubro de 2008.
Situación e municipios que a compoñen
[editar | editar a fonte]É unha subrexión estatística do nivel III (NUTS III) da Rexión Norte de Portugal, situada no curso superior do río Támega, no seu percorrido portugués,[1] [2] e está rexida pola Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte.
Limita ao oeste coas subrexións de Cávado e de Ave, ao norte con España (Galicia), ao leste coa subrrexión das Terras de Tras os Montes e ao sur coa subrexión de Douro.
Agrupa os municipios do val superior do río Tâmega (Chaves, Montalegre e Ribeira de Pena), da subrrexión Barroso (Boticas e Montalegre), e da zona da meseta de Valpaços, na serra da Padrela (Valpaços e Vila Pouca de Aguiar).
O seu principal centro administrativo é a cidade de Chaves.
Estes seis municipios abarcan unha superficie de 2 921,92 km² e contaban, en 2011, cunha poboación de 94 143 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 32,2 hab./km².[1] [2]
Municipios
[editar | editar a fonte]
| Municipio | Superficie (en km²) | Poboación (censo de 2011) |
|---|---|---|
| Boticas | 322,0 | 5 750 |
| Chaves | 591,2 | 41 243 |
| Montalegre | 805,5 | 10 537 |
| Ribeira de Pena | 217,5 | 6 544 |
| Valpaços | 548,7 | 16 882 |
| Vila Pouca de Aguiar | 437,1 | 13 187 |
| Total | 2 921,92 | 94 143 |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Assembleia da República, Lei nº 75/2013 de 12 de setembro - Establece o réxime xurídico das autarquías locais, aproba o estatuto das entidades intermunicipais, estabelece o réxime xurídico da transferencia de competencias do Estado ás autarquías locais e ás entidades intermunicipais e aproba o réxime xurídico da asociación autárquica.
- 1 2 INE de Portugal. Censos.
