Blond Ambition World Tour

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Blond Ambition World Tour foi a terceira xira da cantante americana Madonna. Foi posta en marcha en apoio ó seu cuarto álbum de estudio , Like a Prayer, e da banda sonora, I'm Breathless. O tour percorría  Norteamérica, Europa e Asia. Foi unha xira extremadamente controvertida, sobre todo debido á xustaposición de iconografía católica e sexualidade. A revista Rolling Stone dixo da mesma que "posuía unha coreografía moi elaborada e que se trataba dun espectáculo sexualmente provocativa" e proclamou que o mesmo era "o mellor tour de 1990". No ano 1991, foi lanzado o documental Truth or Dare (In Bed with Madonna fóra dos Estados Unidos), unha crónica da xira. O espectáculo recibiu o premio á "produción escénica máis creativa" nos premios da industria de Pollstar Concert. Esta xira atinxiu a cifra de máis de 60 millóns de dólares norteamericanos, vendendo tan só en Norteamérica 482,832 entradas ás dúas primeiras horas da pre-venda, conseguindo así 14,237,000 $.[1]

A xira topouse cunha forte reacción por parte de grupos relixiosos debido á actuación de "Like a Virgin", durante a cal dous bailaríns acariciaban o corpo de Madonna antes de que esta simulase unha masturbación. A Igrexa de Inglaterra e a Igrexa Católica criticaron a súa actuación e incluso o Papa Xoán Paulo II pediu ó público en xeral e á comunidade cristiá que non acudisen ó concerto. Unha asociación privada de católicos os cales se nomeaban a si mesmos como Famiglia Domani tamén boicotearon o tour debido ó seu erotismo. En resposta a toda esta controversia, a cantante dixo, O tour non fere os sentimentos de ninguén. É unha xira que axuda a abrir as mentes e que mostra a sexualidade dende outro punto de vista. A súa e a dos demais."[2]

O tour foi gravado en diferentes ocasións, incluíndo concertos nos Estados Unidos, Francia, o Xapón e España. Tamén se fixo un especial de televisión para  HBO TV, titulado Madonna - Live! Blond Ambition World Tour 90, filmado en Niza. 

Trasfondo[editar | editar a fonte]

Madonna representando "Express Yourself", a actuación de apertura da xira.

Orixinalmente, o tour ía ser chamado "Like a Prayer World Tour".[3] Sire Records anunciou o Blond Ambition World Tour en novembro de 1989, seguindo o éxito do cuarto álbum de estudio de Madonna , Like a Prayer, e a representación de "Express Yourself" na cerimonia de 1989 dos MTV Video Music Awards. Nun principio, a xira tan só ía chegar ao Xapón e Norteamérica, xa que Madonna estaba considerando diversos papeis en filmes. A finais de 1989, e debido a presión de fans, anunciouse que o tour tamén pasaría por Europa. 

A xira incorporaba como temas centrais a sexualidade e o catolicismo, unha combinación que causou controversia. O show conseguiu co tempo acadar un status de culto, con elementos que se converteron en iconas culturais tales como o suxeitador de conos ou a falsa cola de cabalo.

Madonna denominou o seu propio concerto como teatro musical e o coreógrafo Vincent Paterson afirmou que ela quería romper cada regra que puidésemos... Ela quería falar sobre sexualidade, homosexualidade, a Igrexa... Pero a maior cousa que tratamos de facer foi cambiar a forma dos concertos. En vez de tan só presentar cancións, queríamos combinar moda, Broadway e a arte da interpretación".

O ton explícito do show causou varios problemas, en Toronto, a policía foi alertada de que o concerto seguramente contivese contido lascivo e obsceno e ameazou con presentar cargos a non ser que algunhas partes do show fosen cambiadas. A actuación continuou inalterada, no entanto, non se efectuou ningún cargo despois de que o representante dese un ultimato á policía: Cancelen o show e terán que explicarlle a 30.000 persoas por que.[4]

O deseñador francés Jean Paul Gaultier creou os traxes para o tour, e o resto de pezas adicionais foron creadas por Marlene Stewart, a cal traballara anteriormente con Madonna en 1987 no Who's That Girl World Tour.

Debido a problemas coa gorxa, seis shows tiveron que cancelarse, levando ó tour de 63 actuacións orixinalmente a 57; 125.000 entradas tiveron que ser reembolsadas. As ganancias da última data en Norteamérica foron doadas á organización sen ánimo de lucro AMFAR e dedicouse ó seu amigo Keith Haring, o cal faleceu debido a complicacións co VIH. [5]

Sinopse do concerto[editar | editar a fonte]

Madonna e as súas bailarinas, representando "Material Girl" como parte da sección Art Deco da xira.

O show estaba dividido en cinco seccións diferentes: Metropolis, Relixiosa, Dick Tracy, Art Deco e Encore. Comezaba co fragmento de Metropolis, inspirado polo filme mudo de Fritz Lang. Esta sección comezaba coa canción "Express Yourself", a cal incluía unha introdución á súa canción do 1982 "Everybody". O escenario estaba inspirado no videoclip de "Express Yourself", no cal aparecía unha gran máquina industrial e bailaríns sen camiseta. Madonna entraba en escena na cima dunha longa escaleira, vestida nun traxe pinup, co seu suxeitador de conos visible. Neste segmento, Madonna tamén interpreta "Open Your Heart" e ten unha pelexa simulada cos seus bailaríns en "Causing a Commotion". A actuación final deste segmento é "Where's the Party"; Madonna deixa o escenario axiña para un cambio de traxe, mentres tres bailaríns continúan bailando ata que a canción remata. 

O segundo segmento era de tema apaixonado e relixioso, comezando cunha versión do medio-leste de "Like a Virgin", cantado nunha cama vermella de seda. Madonna aparece vestida cun corsé dourado e actúa con dous bailaríns hermafroditas a cada lado da cama e conclúe cunha simulación de masturbación. O escenario é transformado despois nunha igrexa. Madonna leva un vestido negro e un crucifixo grande durante a actuación de "Like a Prayer", cos seus bailaríns convertidos en sacerdotes e monxas. Un popurrí de "Live to Tell", "Oh Father" e unha actuación de "Papa Don't Preach" rematan esta sección.

A terceira parte era un cabaré inspirado pola película do 1990 Dick Tracy, na cal Madonna aparecía como "Breathless Mahoney". No transcurso deste segmento, Madonna levaba un traxe a raias verdes e brancas, de tipo cabaré. Incluía interpretacións de "Sooner or Later", cantada subida a un gran piano, "Hanky Panky" e "Now I'm Following You".

A cuarta parte estaba inspirada polas películas do Hollywood de 1930, usando pezas artísticas de Tamara de Lempicka e un deseño do escenario Art Deco. Madonna interpretaba nesta parte "Material Girl" nun ton burlón facendo referencia a unha muller loira, con rulos na cabeza e albornoz (quitado despois para mostrar un vestido de cor rosa con pel). "Cherish" é interpretada con tres bailaríns vestidos como tritóns mentres Madonna simulaba tocar a arpa. Madonna remata esta sección con "Into The Groove" e unha versión minimal de "Vogue" representando a coreografía do seu videoclip, vestida cun suxeitador negro de deporte e bermudas de licra. 

Na sección final, interpretábanse temas anteriores de Madonna, tales como "Holiday", no cal Madonna aparecía vestida cunha camiseta de lunares e volantes dos anos 70. Tamén se interpretou "Do the Bus Stop" e "Keep It Together" inspirado polo traballo de Bob Fosse

Espectáculos[editar | editar a fonte]

Lista de concertos, data, cidade, país, lugar, e acto de apertura.
Data. Cidade. País. Lugar. Apertura.
Asia[6]
13 de abril de 1990
Chiba Xapón Chiba Marine Stadium Technotronic
14 de abril de 1990
15 de abril de 1990
20 de abril de 1990 Nishinomiya Hankyu Nishinomiya Stadium
21 de abril de 1990
22 de abril de 1990
25 de abril de 1990 Yokohama Yokohama Stadium
26 de abril de 1990
27 de abril de 1990
Norteamérica[6]
4 de maio de 1990 Houston Estados Unidos The Summit Technotronic
5 de maio de 1990
7 de maio de 1990 Dallas Reunion Arena
8 de maio de 1990
11 de maio de 1990 Los Angeles Los Angeles Memorial Sports Arena
12 de maio de 1990
13 de maio de 1990
15 de maio de 1990
16 de maio de 1990
18 de maio de 1990 Oakland (California) Oakland Coliseum Arena
19 de maio de 1990
20 de maio de 1990
23 de maio de 1990 Rosemont Rosemont Horizon
24 de maio de 1990
27 de maio de 1990 Toronto Canadá SkyDome
28 de maio de 1990
29 de maio de 1990
31 de maio de 1990 Auburn Hills Estados Unidos The Palace of Auburn Hills
1 de xuño de 1990
4 de xuño de 1990 Worcester The Centrum
5 de xuño de 1990
8 de xuño de 1990 Landover Capital Centre
9 de xuño de 1990
11 de xuño de 1990 Uniondale Nassau Veterans Memorial Coliseum
12 de xuño de 1990
13 de xuño de 1990
16 de xuño de 1990 Philadelphia The Spectrum
17 de xuño de 1990
20 de xuño de 1990 East Rutherford Brendan Byrne Arena
21 de xuño de 1990
24 de xuño de 1990
25 de xuño de 1990
Europa[6]
30 de xuño de 1990 Gotemburgo Suecia Eriksberg Technotronic
3 de xullo de 1990 París Francia Palais Omnisports de Paris-Bercy
4 de xullo de 1990
6 de xullo de 1990
10 de xullo de 1990 Roma Italia Stadio Flaminio
13 de xullo de 1990 Turín Stadio delle Alpi
15 de xullo de 1990 Múnic Alemaña

Occidental

17 de xullo de 1990 Dortmund Westfalenhalle
20 de xullo de 1990 Londres Reino Unido Wembley Stadium
21 de xullo de 1990
22 de xullo de 1990
24 de xullo de 1990 Rotterdam Países Baixos Feijenoord Stadion
27 de xullo de 1990 Madrid España Estadio Vicente Calderón
29 de xullo de 1990 Vigo Estadio Municipal de Balaídos
1 de agosto de 1990 Barcelona Estadi Olímpic de Montjuïc
5 de agosto de 1990 Niza Francia Stade de l'Ouest

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 06 de maio de 2015. 
  2. Fisher, Carrie (August 1991). "True Confessions: The Rolling Stone Interview With Madonna". Rolling Stone. ISSN 0035-791X. 
  3. "Madonna - Like A Prayer Pepsi can [PepsiCan] - [Germany]". Madonna Shop. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2008. Consultado o 2008-12-27. 
  4. "Random Notes" by Sheila Rogers, Rolling Stone magazine, 12–26 July 1990, page 13
  5. http://books.google.it/books?id=mqqFX9lU98IC&pg=PA189&lpg=PA189&dq=madonna+landover+1990&source=bl&ots=f2raSAeEzK&sig=rsyZRD8y8-zPtQelVRER2415640&hl=it&sa=X&ei=CyVDUaWlL8SM7QbPj4GADA&ved=0CIIBEOgBMAg4KA#v=onepage&q=madonna%20landover%201990&f=false
  6. 6,0 6,1 6,2 "Madonna.com > Tours > Blond Ambition Tour". Madonna.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2014. Consultado o June 22, 2014.