Saltar ao contido

GameCube

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gamecube»)
GameCube
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Medio usado
Persoas e organizacións
 Desenvolvedor
Produción
 Marca
 Fabricante
 Unidades vendidas
21740000 (31 de marzo de 2022)
21740000 (31 de marzo de 2008)
21720000 (31 de decembro de 2007)
21660000 (30 de setembro de 2007)
21630000 (30 de xuño de 2007)
21590000 (31 de marzo de 2007)
21520000 (31 de decembro de 2006)
21200000 (30 de setembro de 2006)
21000000 (30 de xuño de 2006)
20850000 (31 de marzo de 2006)
20610000 (31 de decembro de 2005)
19310000 (30 de setembro de 2005)
18760000 (30 de xuño de 2005)
18500000 (31 de marzo de 2005)
18030000 (31 de decembro de 2004)
15970000 (30 de setembro de 2004)
15220000 (30 de xuño de 2004)
14570000 (31 de marzo de 2004)
13940000 (31 de decembro de 2003)
10450000 (30 de setembro de 2003)
9630000 (30 de xuño de 2003)
9550000 (31 de marzo de 2003)
6680000 (30 de setembro de 2002)
3800000 (31 de marzo de 2002)
510000 (30 de setembro de 2001) Editar o valor en Wikidata
Características
 Sistema operativo
 Procesador
Gekko (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura110 mm Editar o valor en Wikidata
Anchura150 mm Editar o valor en Wikidata
Lonxitude161 mm Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Publicación
14 de setembro de 2001
3 de maio de 2002
18 de novembro de 2001
17 de maio de 2002 Editar o valor en Wikidata
 Descontinuación
2007 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
 Nomeamentos
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Nintendo GameCube é unha consola de 128 bits de Nintendo que debe o seu nome a súa forma de cubo.

No 1999 presentáronse os primeiros rumores sobre a nova consola de Nintendo, todo apuntaba que esta ía ser de cartuchos e compatible con Nintendo 64.

Nintendo presentou o proxecto Dolphin, xunto con IBM e ATI a cal sería en base a unha tarxeta gráfica de 128-bits, procesador de 400 Mhz e utilizaría o DVD. Para mediados de 2000, rumoreouse sobre a StarCube (nome clave da consola) e que a súa capacidade diminuía a 300 mhz. Nintendo en agosto do ano 2000, no "SpaceWorld 2000", revelou as primeiras imaxes da nova consola, Nintendo GameCube, coa súa capacidade de 485 Mhz e 128 bits que non diminuíron senón que aumentaron.

No E3 2001 presentouse oficialmente a consola de sobremesa con demos xogables (destacando "Super Smash Bros Melee" , "Kameo: Elements of Power", "Luigi's Mansion", e varias demos máis...) pero con diferenzas no deseño da consola: como na altura (de 15 cm a 11,4 cm), a bandexa do disco que xa non presentaba aberturas; as rañuras de expansión, que agora en vez de ser 2 eran 3; as digicards cambiaron de deseño; o mando cambiaba un pouco con mangos máis delgados; o cambio de forma da b e a súa cor de azul a vermello coma o botón start que cambia a súa cor e forma, pero seguiu sendo do agrado das persoas. Xa en 2005, Nintendo anunciou a súa sucesora, nome en clave Revolution, coa que esperaban revolucionar a industria dos videoxogos cunha nova forma de xogar.

Características

[editar | editar a fonte]

A consola ten forma de "cubo" (11,4 cm x 15 cm x 16 cm) de distintas cores como negro, morado, prateado e ouro (só no Xapón). Os seus controles e conectores están repartidos entre as súas caras:

  • Frontal: Portos para mandos (segundo a tendencia actual ergonómicos tanto en forma como en posición dos botóns e con función de vibración) e tarxetas de memoria.
  • Superior: Lector de discos e botóns de acendido, reinicio e apertura do prato do disco
  • Laterais: Reixas de ventilación
  • Posterior: Conector SNS A/V Multiout, DOL D A/V multiout,entrada CD 12V e asa para o seu transporte.
  • Inferior: Portos serial 1 (12 pin), serial2 (8 pin) e porto de alta velocidade (36 pin).

Trátase da primeira consola de Nintendo que non funciona con cartuchos senón con mini-DVD (GODs). Estes mini-DVD miden 8 cm e son capaces de almacenar ata 1,5 xigabytes de información. Ademais, lense a gran velocidade.

Especificacións

[editar | editar a fonte]

Dispón dun procesador IBM e dun chipset gráfico de ATI o que lle proporciona unha gran potencia. En canto a son, ten calidade de CD.

Especificacións técnicas

[editar | editar a fonte]
  • MPU (Unidad Microprocesador): Power PC de IBM ("Gekko")
  • Proceso de fabricación: Tecnoloxía de Semicondutores de Cobre de 0,18 micrómetros
  • Frecuencia de reloxo: 485 MHz
  • Capacidade de CPU: 1125 Dmips (Dhrystone 2.1)
  • Precisión de Datos Internos: 32 bits Enteiros e 64 bits Coma Flotante
  • Ancho de Banda do Bus Externo: 1,6 GB/segundo (máximo) (32 bits dirección, 64 bits Bus de datos 202.5 MHz)
  • Caché Interna:

o L1 - Instruction 32KB, Data 32KB (8 vías) o L2 - 256KB (2 vías)

  • Sistema LSI "Flipper"
  • Proceso de fabricación: 0,18 micrómetros DRAM Incorporada NEC
  • Frecuencia de reloxo: 202,5 MHz
  • Frame Buffer Incorporado: Aprox. 2MB
  • Velocidade da memoria de Frame Buffer: 5ns (1T-SRAM)
  • Caché de texturas incorporado: Aprox. 1MB
  • Velocidade da memoria da Caché de texturas: 5ns (1T-SRAM)
  • Ancho de banda de acceso ás texturas: 12.8GB/segundo (máximo)
  • Ancho de banda da memoria principal: 3.2GB/segundo (máximo)
  • Cor, Z Buffer: 24bits cada un
  • Función de procesamento de ficheiro: Néboa, Subpíxel Anti-aliasing, Luces HW x8, Alpha Blending, Virtual Texture Design, Multi-texture Mapping/Bump/Environment, Mapping, MIPMAP, Bilinear Filtering, Real-time Texture Decompression (S3TC) etc.
  • Outros: Real-time Decompression of Display List, HW Motion Compensation Capability

Especificacións físicas

[editar | editar a fonte]
  • Procesador de son: DSP 16bit Especial
  • Memoria de instrución: 8KB RAM + 8KB ROM
  • Memoria de datos: 8KB RAM + 4KB ROM
  • Frecuencia de reloxo: 101,25 MHz
  • Máximo número de canles de reprodución simultánea de sons: ADPCM: 64ch
  • Frecuencia de mostraxe: 48KHz
  • Sistema de Coma flotante - Capacidade aritmética: 13.0GFLOPS (máximo), (MPU, Geometry Engine, HW Lighting Total)
  • Capacidade real de procesamento gráfico: De 6 a 12 millóns de polígonos por segundo (capacidade de procesamento estimada nun xogo real incluíndo modelaxes complexas, texturas etc.).Aínda que chegando a realizar xogos con máis millóns de polígonos(uns 28 millóns de polígonos)
  • Memoria principal do Sistema: 24MB Velocidade de acceso: 10 ons o menos (1T - SRAM)
  • Memoria de son: 16MB (100 MHz DRAM)
  • Unidade de disco: Sistema CAV (Velocidade Angular Constante)
  • Tempo de acceso medio ó sistema: 128 ms
  • Velocidade de transmisión de datos: de 16Mbps a 25Mbps
  • Soporte: Disco para Nintendo GameCube de 8 cm de diámetro baseado na tecnoloxía de Disco Óptico de Matsushita. Capacidade aproximada de 1,36 GB
  • Entrada/Saída:

o 4 portos de mando de control o 2 rañuras Digicard "memorycard" o 1 saída analóxica SNS A/V Multiout o 2 portos de serie de alta velocidade (só en equipos fabricados antes do 22 de marzo de 2004, en equipos posteriores só un) o 1 porto paralelo de alta velocidade

  • Alimentación: Adaptador de corrente DC12V x 3,5 A
  • Dimensións da unidade principal: 150 mm (ancho) x 110 mm (alto) x 161 mm (longo)

Versións

[editar | editar a fonte]

Existen variadas versións e cores, as principais son negro, índico, laranxa, platino e ouro.

Existen 3 versións do sistema:

  • Nintendo GameCube Modelo:DOL-001
  • Nintendo GameCube Modelo:DOL-101 (despois de maio do 2004 elimina porto A/V Out Digital)
  • Nintendo-Panasonic Q (só o Xapón)

Accesorios

[editar | editar a fonte]
  • Módem 56K
  • Adaptador de Banda Larga: para conectar a consola a Internet e xogar on-line.
  • Cable Game Boy Advance: que permite conectar unha Nintendo GameCube e unha Game Boy Advance para intercambiar información entre elas
  • Game Pad (mando) inalámbrico: permite que o xogador este a unha distancia de ata 12 metros da consola sen perder precisión e con total liberdade de movementos. Os controles incorporan un conector especial e o control propiamente dito (no cal se debe seleccionar a mesma frecuencia que no conector, facendo uso dunha rodiña que hai en ambos e dependendo da posición que estea, terá unha frecuencia do 1 ó 6; cada xogador deberá seleccionar no seu mando e conector unha frecuencia diferente)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]