Saltar ao contido

Overwatch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Overwatch
 Título
   Overwatch (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
Características
 Público obxectivo
 Formato de distribución
 Representa a
 Ambientado en
 Época ambientación
 Universo ficticio
 Modo de xogo
 Franquía de medios
 Motor gráfico
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
 Director/a
 Editorial
 Distribuidor/a
Datas
 Descontinuación
3 de outubro de 2022 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
24 de maio de 2016 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Sucedido por
 Versións
1.74.0.0.104319 (6 de setembro de 2022) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0128442n Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
96% OpenCritic (8 de abril de 2021)
90/100 OpenCritic (8 de abril de 2021)
91/100 Metacritic
93/100 Kritikanstvo
73/100 Metacritic
90/100 Metacritic
91/100 Metacritic
88/100 CriticDB Editar o valor en Wikidata
Clasificación
PEGI
USK
IMDB: tt4332152 Facebook: 100064310455237 Twitter: PlayOverwatch Instagram: playoverwatch Youtube: UClOf1XXinvZsy4wKPAkro2A TikTok: overwatch Twitch: playOverwatch Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Overwatch é un videoxogo de tipo shooter en primeira persoa (ou FPS) desenvolto por Blizzard Entertainment lanzado ao público en maio do 2016 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One. No 2017 foi premiado como Xogo do Ano en The Game Awards 2016.

Overwatch pon aos xogadores en equipos de seis persoas, con cada persoa escollendo un dos varios heroes dispoñibles, cada un cos seus movementos e habilidades únicas. Os heroes están divididos en catro clases: Ataque, Defensa, Tanque e Apoio. Os xogadores de cada equipo traballan xuntos para vencer ao outro equipo. Os xogadores acumulan puntos de experiencia ao final de cada partida, o cal lles outorga recompensas estéticas que non afectan ao desempeño do xogo.

O xogo estivo nunha etapa de beta pechada a partir do 27 de outubro de 2015, e acabou o 5 de maio coa saída do xogo.

Na actualidade, Overwatch conta con 24 personaxes que dividense en catro grupos.

  • Ataque: Os personaxes desta categoría teñen unha gran mobilidade e causan moito dano en moi pouco tempo, pero carecen de puntos de vida.
  • Defensa: Os personaxes desta categoría protexen e dominan puntos estratéxicos no mapa. Son realmente útiles combinados con personaxes doutros roles porque aplican unha clara vantaxe ao ter habilidades de control.
  • Tanque: Os tanques son os personaxes con maior número de puntos de vida. A súa función principal é protexer aos aliados do inimigo.
  • Apoio: Os personaxes de apoio, tamén coñecidos como "Support" son esenciais nunha partida. Estes personaxes aplican curación, escudos, invulnerabilidade ou calquera outro tipo de vantaxe para os aliados. Tamén debilitan aos personaxes inimigos cas súas habilidades, así os aliados poderían tomar o control dos inimigos facilmente.

Os xogadores poden cambiar de personaxe durante a partida despois de morir. En partidas normais so pode haber un personaxe concreto por equipo.

Modos de xogo

[editar | editar a fonte]

Overwatch caracterízase por ter combates en equipo nos que se enfrontan dous equipos de seis xogadores cada un. Actualmente o xogo ten seis modos de xogo principais.

  • Asalto: O obxectivo do equipo atacante é capturar os lugares marcados no mapa, mentres que o equipo defensor encárgase de mantelos baixo o seu control ata que se esgote o tempo.
  • Escolta: O obxectivo do equipo atacante é trasladar unha carga ao punto de entrega. O equipo defensor debe impedir o progreso dos outros ata que se esgote o tempo.
  • Control: Os dous equipos loitan para capturar e manter un único obxectivo á vez. O primeiro en gañar dúas roldas gaña a partida.
  • Asalto/Escolta: O obxectivo do equipo atacante é capturar unha carga e logo trasladala ata o punto de entrega. O equipo defensor debe impedir o seu progreso.
  • Competitivo: Este modo de xogo recolle os modos anteriores pero engade un sistema de "clasificacións" no cal plasmase a habilidade e as estadísticas dos xogadores. Canto máis habilidade, máis nivel. Estas clasificacións divídense en varias categorías, nas cales os xogadores deben escalar mellorando as súas estatísticas e os seus puntos de habilidade.
  • Captura a bandeira: Os dous equipos teñen unha bandeira na súa base. Cada un debe conseguir a bandeira inimiga e levala ata a súa. Este modo non entra nos modos recollidos no Competitivo.
  • Eliminación: Este modo recolle outros tres: 1vs1, 3vs3 e 6vs6. O obxectivo e eliminar os xogadores do equipo inimigo. A diferenza dos outros modos, o xogador non volve a aparecer cando morre.

Os mapas de Overwatch están inspirados en lugares reais. Actualmente hai 17 mapas, os cales dividense nos seis modos de xogo principais:

  • Templo de Anubis, Hanamura e Industrias Volskaya: mapas de Asalto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]