Blanca Rodríguez Millán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Blanca Rodríguez Millán
Nacemento24 de xuño de 1991
Lugar de nacementoTouro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónilustradora e debuxante
CónxuxeR.J. Peralta
FillosElías (2014)
Sabela (2019)
Período2017-presente
https://www.blancamillan.com/
editar datos en Wikidata ]

Blanca Rodríguez Millán, máis coñecida como Blanca Millán, nada o 24 de xuño de 1991 en Touro, é unha debuxante, pintora e ilustradora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2013 graduouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo en Pontevedra. Participou, nese mesmo ano, na exposición colectiva Do final e do comezo[1] co seu Traballo de Fin de Grao Suspiros entre fibras. Tamén fixo unha exposición en solitario no Centro Empresarial do Tambre.

En 2015 remata o Master Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual.

Ten ilustrado libros de literatura infantil e xuvenil e libros adultos tanto en galego coma en español.

Obras[editar | editar a fonte]

  • A Maxia de Mamá (Edicións Bolanda, 2017). ISBN: 9788469779644.
  • Manuela (con texto de R.J. Peralta; Edicións Bolanda, 2017). ISBN: 9788469779651.
  • Lola e as 21 vacas (con texto de Blas Rueda; Triqueta Verde Editora, 2018). ISBN: 9788494186066.
  • 21 vacas e un gato (con texto de Blas Rueda; Triqueta Verde Editora, 2018). ISBN: 9788494186080.
  • CANTAMOS? (con cancións de Luis Vallecillo e texto de Celtia Figueiras; Guindastre Edicións, 2018). ISBN: 978840903640.
  • Por Vosotros (con texto de Paula Merlán; Editorial Cuento de Luz, 2021). ISBN: 9788418302084.
  • La Bibliotecaria (con texto de Sandra Alonso; Alaestrella Editorial, 2021). ISBN: 9788412196627.
  • Blanca la muñeca de Nieve (con texto de Gema López; Editorial Cuento de luz y Fundación Gil Gayarre, 2021)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Accésit no Certamen de Cuentos Ilustrados Infantiles Disfruta del Sol sin dejarte la Piel por Pato Mareado el Sol ha Llegado, 2014.[2]
  • Estrela Kirkus da revista Kirkus Reviews ao libro Juego de Niños, 2020.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ccg 2016 arte mulleres creadoras galegas - p.106". issuu.com. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  2. "La campaña de fotoprotección de la Costa del Sol ha alcanzado a más de 4.600 niños y adolescentes que han recibido consejos frente al sol". derrenteria.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2021. Consultado o 19 de maio de 2021.