Celtia Figueiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 (38/39 anos) Esteiro, España |
Actividade | |
Ocupación | Actriz, titiriteira, autora e produtora teatral |
Celtia Figueiras Rama, nada en Esteiro (Muros) en 1986, é unha actriz, titiriteira e produtora teatral.[1] Fundou en 2007 A Xanela do Maxín e ao longo da súa carreira produciu, escribiu e dirixiu máis de 30 pezas teatrais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa carreira profesional con Chincha Rabincha, espectáculo fundacional da Xanela do Maxín,[2] compañía teatral orientada á creación de obras para o público familiar e ao xénero escénico dos monicreques. Dende aquela, exerceu como autora, directora, dramaturga ou intérprete en producións desta compañía como son En busca da arte (2008), Os libros do titiriteiro (2009), A caixa de Nuk ou A pequena Lúa (2009).
Participou en obras como O rei destronado (2010),[3] O murmurio do mar (2013), Só lles falta falar (2014) ou O Bigote de Mimí (2016). Nos últimos anos, impulsou dende a súa compañía producións como As aventuras de Gale (2017), O Apalpador e a nena sen medo (2018),[4] A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (2019),[5] Leonardo e os biosbardos (2021), Lúa quere viaxar a Marte! (2022) ou Coliño (2023).[6]
Ademais do seu traballo coa Xanela do Maxín, Celtia Figueiras, colaborou con outras compañías e artistas en espectáculos de formacións como Teatro Buratini, Títeres Alakrán[7] ou Art-Monium. En 2021 participou en O soño musical dos mapas celestes, xunto a Uxía e Germán Díaz.[8] Como narradora oral, implicouse en diversos proxectos e colaborou con artistas como Luis Vallecillo en pezas como O Bigote de Mimi (2016)[9] ou Cantamos? (2018).
Audiovisual
[editar | editar a fonte]Fóra do seu traballo no escenario, Celtia Figueiras realizou incursións na produción audiovisual. En 2020, produciu e realizou a miniserie Os Toupiconsellos[10] para o Fondo de Proxectos Culturais da Xunta de Galicia e, no 2021, fixo o propio con Toupiciencia.[11] En ambas as dúas producións tamén desempeñou roles como actriz e guionista.
Faceta Literaria
[editar | editar a fonte]Como autora, Celtia Figueiras escribiu contos para a infancia e a mocidade, entre eles U-la Lúa (2018), Cantamos? (2018), O Apalpador e a nena sen medo (2019), Pasando a Bóla (2020), A Viaxe de Saira (2021), Toupiciencia (2021), Lúa quere viaxar a... Marte! (2022) e O Libro da Toupiciencia (2022). Estes títulos foron publicados baixo o selo de Guindastre Edicións, no que tamén exerce como directora editorial.[12]
Obras de teatro
[editar | editar a fonte]- Chincha Rabincha (2007; autora, directora e actriz)
- En busca da arte (2008; autora, directora e actriz)
- O Pazo de Papel (2008; actriz)
- Os libros do titiriteiro (2009; autora, directora e actriz)
- A caixa de Nuk (2009; autora, directora e actriz)
- A pequena Lúa (2009; autora, directora e actriz)
- O rei destronado (2010; autora, directora e actriz)
- Titeremusicontos (2010; autora e directora)
- O murmurio do mar (2013; autora e directora)
- A paz no peto (2013; autora, directora e actriz)
- Recital de Contos Cantados (2013; directora)
- Só lles falta falar (2014; autora, directora e actriz)
- Dondo (2014; autora, directora e actriz)
- Cántoche un Conto? (2015; directora)
- A obra de Castelao en teatro de sombras (2016; autora, directora e actriz)
- Visita teatralizada Camilo José Cela (2016; directora e actriz)
- As Estacións en Contos (2016; autora, directora e actriz)
- O Bigote de Mimí (2016; directora e actriz)
- As aventuras de Gale (2017; autora, directora e actriz)
- U-la Lúa? (2017; autora, directora e actriz)
- O Mundo de Carliños (2017; directora)
- Cantamos con Celtia e Rosi (2018; autora, directora e actriz)
- Gale, a historia da lingua (2018; autora, directora e actriz)
- O Apalpador e a nena sen medo (2018; autora, directora e actriz)
- Cantares das Letras (2018; directora)
- O Aniversario da Biblioteca (2018; directora e actriz)
- Cantamos? (2018; autora, directora e actriz)
- A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (2019; autora, directora e actriz)
- A Galiña dos ovos de ouro (2019; actriz)
- Apalpador 3.0 (2019; directora e actriz)
- U-la Lúa? na escola (2019; autora, directora e actriz)
- A viaxe de Saira (2020; directora e actriz)
- A gárgola do mestre Mateo (2021; directora e actriz)
- O Soño Musical dos mapas Celestes (2021; actriz)
- Leonardo e os Biosbardos (2021; directora e actriz)
- Saira 3.0 (2021; directora e actriz)
- Toupiciencia Show (2022; autora)
- Lúa quere viaxar a... Marte! (2022; autora e actriz)
- Sorpresa! (2023; autora e actriz)
- O Apalpador e as palabras perdidas (2023; autora, directora e actriz)
- Coliño (2023; directora e actriz)
- Babá-Bebé (2023; autora, directora e actriz)
- Confi, o Golfiño Manoliño (2024; directora e actriz)
- Pasando a bóla, xogando para cambiar (2024; actriz)
- De Castro a Villalta (2024; directora e actriz)
- Inventoras con mentes curiosas (2024; directora e actriz)
- Rato Pérez (2024; autora, directora e actriz)
Obras publicadas
[editar | editar a fonte]- U-la Lúa (2018)
- Cantamos? (2018)
- O Apalpador e a nena sen medo (2019)
- Pasando a Bóla (2020)
- A Viaxe de Saira (2021)
- Toupiciencia (2021)
- Lúa quere viaxar a... Marte! (2022)
- O Libro da Toupiciencia (2022)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rumbau, Toni (2020-12-22). "Celtia Figueiras: mimo, fineza y elegante inteligencia con los títeres. Entrevista". Titeresante (en castelán). Consultado o 2023-08-03.
- ↑ "A Xanela do Maxín. Teatro de títeres en Galicia". A Xanela do Maxín. Consultado o 2023-08-03.
- ↑ "El Rey Destronado". Redescena. Consultado o 2023-08-03.
- ↑ "CELTIA FIGUEIRAS | O Apalpador e a nena sen medo". Consultado o 2023-08-03.
- ↑ "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA | Compostela Cultura". www.compostelacultura.gal. Consultado o 2023-08-03.
- ↑ evelb_mantenimiento (2023-02-24). "Negreira acolleu a preestrea do espectáculo Coliño". Concello de Negreira. Consultado o 2023-08-03.
- ↑ "FINISTERRAE: O ÚLTIMO ULTRAMARINOS". 2019-01-09. Consultado o 2023-08-03.
- ↑ "O IGFAE ArtLab estrea ‘O soño musical dos mapas celestes’, un espectáculo de arte e ciencia transdisciplinar no marco do Camiño de Santiago". IGFAE (en inglés). 2021-09-06. Consultado o 2023-08-09.
- ↑ "O Bigote de Mimí". aaag.gal. Consultado o 2023-08-03.
- ↑ "Toupiconsellos. A Xanela do Maxín - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2023-08-03.
- ↑ "Toupiciencia. A xanela do maxín - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2023-08-03.
- ↑ culturagalega.org (2018-12-04). "A nova editorial preséntase mañá na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-08-03.